Nelson Mandela, acadou a presidencia (1994), cun un país totalmente divido polo odio entre brancos e negros (véxase Apartheid ). Con esta difícil situación tratou de unir ó país, entre outras cousas, utilizando a Copa do Mundo de Rugbi de 1995 , deporte por excelencia e todo un símbolo dos perdedores nas eleccións. .
Deixamos un aquí que foi a entrega do discurso "Un home sobre a area" de Theodore Roosevelt ó capitán do equipo de rugbi (François Pineaar). O título vén de que Mandela tivo o poema escrito nunha folla de papel durante a súa prisión, axudándolle a soportar o seu encarceramento. Imos ver só un anaco moi representativo de todo o discurso:
" Non é o crítico quen conta; nin aqueles que sinalan como o home forte cambaléa, ou en que ocasións o autor dos feitos podería telo feito mellor. O recoñecemento pertence realmente ao home que está na area, co rostro desfigurado polo po, suor e sangue; ao que se esforza valientemente, erra e dá un tropezón tras outro pois non hai esforzo sen erro ou fallo; a aquel que realmente se empéña en lograr o seu cometido; quen coñece grandes entusiasmos, grandes devocións; quen se consagra a unha causa digna; quen no mellor dos casos atopa ao final o triunfo inherente ao logro grandioso; e que no peor dos casos, si fracasa, polo menos caerá coa fronte ben alta, de maneira que o seu lugar xamais estará entre aquelas almas frías e tímidas que non coñecen nin a vitoria nin o fracaso"
NOTA. Na película Invictus, de Clint Eastwood, o poema que Mandela lle dá o capitán do equipo é tamén chamado "Invictus"
Máis sobre Nelson Mandela
Máis sobre Nelson Mandela
Ningún comentario:
Publicar un comentario