PRECISAMOS: unhas fichas magnéticas que floten (por exemplo dun xogo de damas) e unha cunca pequena con auga. Se non flotan pódeselle poñer un trozo de cortiza debaixo do imán.
PROCESO: Poñemos un pouco de auga na cunca e logo deixamos sobre a superficie da auga tres ou catro fichas magnéticas. As fichas colócanse sobre a auga de maneira que se separan e terminan pegadas á parede do cunca formando polígonos regulares: un cadrado (con catro fichas), un pentágono (con cinco fichas), un hexágono (con seis fichas), etc . . .
Cando as fichas están pegadas á parede do cunca podemos deixar outra ficha no centro que permanecerá en equilibrio sen moverse.
EXPLICACIÓN: As fichas afástanse unhas doutras polas forzas magnéticas que actúan sobre os imáns que teñen as fichas de plástico no seu interior. Se as fichas non flotan podemos pegar debaixo das fichas un anaco de cortiza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario