Amosando publicacións coa etiqueta Dereitos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dereitos. Amosar todas as publicacións

mércores, 2 de decembro de 2015

10 de Decembro - Día Internacional dos Dereitos Humanos

O documento da "Declaración dos Dereitos Humanos" foi probado e proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o 10 de decembro de 1948.
É o documento máis traducido a outras linguas (463). (Ver a versión en Galego en PDF  na paxina web da ONU).  Nós tamén os deixamos aquí:

Artigo 1.- Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros.
Artigo 2.- 1.- Toda persoa ten todos os dereitos e liberdades proclamadas nesta Declaración, sen distinción algunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición. 2. Ademais, non se fará distinción algunha fundada na condición política, xurídica ou internacional do país ou territorio de cuxa xurisdición dependa unha persoa, tanto se se trata dun país independente, como dun territorio baixo administración fiduciaria, non autónomo ou sometido a calquera outra limitación de soberanía.

venres, 20 de novembro de 2015

Dereitos dos nenos

A Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) recoñece claramente o dereito de todos os nenos e nenas (menores de 18 anos) a un nivel de vida axeitado. E é un tratado xuridicamente vinculante, ou o que é o mesmo de obrigado cumprimento. O 20 de novembro é o día da súa celebración.
Aquí temos os dereitos ampliados   ou  a partir da  Declaración dos Dereitos do Neno  deseñada por Eglantyne Jebb:

1- Todos os nenos e nenas do mundo deben desfrutar dos mesmos dereitos sen que haxa discriminación pola súa orixe, sexo, idioma, relixión, posición económica ou familiar. (igualdade)

2- Todas as nenas e nenos teñen dereito a ter un nome e unha nacionalidade dende o momento do seu nacemento para identificalos e diferencialos doutras persoas.

3- Teñen dereito a ter acceso aos servizos sanitarios precisos, así coma á alimentación e vivenda. (saúde)

4- Teñen dereito a ter unha familia que lles ofreza apoio e orientación segundo a súa idade. No caso de non existir esta familia, serán as autoridades as encargadas de coidar deles.

5- Recoñécelles o seu dereito a recibir unha educación que lles garanta as mesmas oportunidades a todos.

6- Dereito a xogar e a desfrutar da cultura e do arte.

7- Dereito a recibir coidados especiais, sanitarios, de atención e educativos no caso de que os menores teñan algún tipo de discapacidade.

8- Teñen o dereito de seren especialmente protexidos para poder desenvolverse axeitadamente tanto física, coma mental, moral e socialmente.

9- Deben ser os primeiros en recibir protección e auxilio.

10- Teñen o dereito a ser protexidos de calquer forma de explotación, crueldade e abandono.

11- Dereito a seren educados na solidariedade, comprensión, amizade e xustiza entre os pobos.

12- Teñen o dereito a denunciar, sós ou con axuda, todo o que lles fagan, a eles mesmos ou a outros nenos, e todo o que está mal ó seu arredor.

Ver Dereitos do neno na wikipedia

20 de novembro - Día Universal do Neno - Mensaxe do Secretario Xeral da ONU

O Día Universal do Neno está dedicado a promover o benestar e os dereitos humanos dos nenos do mundo, especialmente os que sofren os efectos da pobreza, os conflitos armados, a discriminación e a explotación. O 20 de novembro, data en que se celebra, conmemora o día en que en 1989 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Convención sobre os Dereitos do Neno. Hoxe reafirmamos a nosa obrigación de facer todo o que estea ao noso alcance para que todos os nenos poidan sobrevivir e prosperar, aprender e crecer, facer oír a súa voz e alcanzar o seu pleno potencial.

Este ano, desexo facer fincapé na importancia de asegurar que os compromisos contraídos pola comunidade internacional cos nenos do mundo esténdense a un grupo de nenos que a miúdo queda no esquecemento ou non se adoita ter en conta: os dos que están privados da súa liberdade.