Etiquetas

xoves, 11 de xuño de 2015

Contos con Luz


Un ano máis participamos xunto con outras escolas no chamado Conto viaxeiro ou Trotacontos. Máis ben nas últimas edicións está sendo un conxunto de contos relacionados cunha temática. Este ano foi o da Luz, por ser o 2015 "Ano Internacional da Luz"
Os nosos contos foron "As 3 fabas" e "O segredo dos vagalumes"

Se clicas na portada "Contos con luz" poderás ver todo o conto.
Ver as fotos do Trotacontos en Campolongo



sábado, 6 de xuño de 2015

Xornada Atlántica 2015 REGAU

Vídeo resumo da Xornada Atlántica na praia de Lourido o venres 5 de xuño, "Día Mundial do Medio ".  Participaron da REGAU (Rede de Escolas Galegas Asociadas Unesco):   Facultade de Educación de Pontevedra, os IES Pedra da Auga, IES Pazo da Mercé, IES Seoane, os CEIPs, Manuel Vidal Portela, Cabanas, San Benito de Lérez, Isidora Riestra e  os CEP Marcos da Portela e  CEP Campolongo.

Ver fotos da Xornada

Artigos relacionados: