sábado, 5 de outubro de 2013

15 - Unha sorpresa magnética



PRECISAMOS: un imán, un cravo e unhas bólas de aceiro. 

PROCESO: 1º- Pegamos ao imán unha bóla de aceiro. Logo collemos o cravo e tocamos a bóla cun dos extremos do cravo. Ao tirar do cravo a bóla quédase pegada á punta e sorprendentemente sepárase do imán.

EXPLICACIÓN : En contacto cun imán, un obxecto de aceiro  magnetÍzase e compórtase como un verdadeiro imán. Ao separar o obxecto do imán perde as súas propiedades magnéticas.

Neste caso, a bóla de aceiro magnetízase  por contacto co imán e logo magnetiza o cravo de aceiro. En principio, poderiamos pensar que o magnetismo é menor no cravo ao non estar en contacto directo co imán. Con todo, o magnetismo é máis intenso na punta e ao afastar o cravo a bóla sepárase do imán. Para rematar, ao afastar o cravo do imán a magnetización desaparece e a bóla sepárase do cravo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario