PRECISAMOS: Vinagre, mármore triturado, unha botella pequena, un funil e un globo.
PROCEDEMENTO: Metemos os anacos de mármore na botella, con axuda do funil vertemos vinagre na botella (con media botella é suficiente).Para rematar colocamos un globo na boca da botella.
EXPLICACIÓN: O mármore contén carbonato de calcio que reacciona co ácido acético do vinagre liberando dióxido de carbono gasoso. Ao aumentar a presión do gas no interior do recipiente o globo ínflase en pouco tempo.
A velocidade da reacción química e o tempo que tarda en inflarse o globo depende, entre outros factores, da concentración do ácido no vinagre e do tamaño dos anacos de mármore. Ao reducir o mármore a anacos pequenos favorécese o contacto entre os reactivos, aumentan os choques entre as partículas e aumenta a velocidade de reacción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario