Etiquetas

luns, 6 de xuño de 2016

Xornada Atlántica - 2016









As Escolas Asociadas Unesco Galegas  , tiveron  a sorte, de  celebrar  o Día Mundial  do Medio Ambiente   (5 de xuño) en xornada de convivencia nun bosque cheo de secuoias.  Organizáronse unhas actividades no chamado  "Bosque de Colón", en Arís, preto da Escusa - Poio,  Estas, 500, trouxéronas os americanos no ano 1992, para conmemorar o 500 aniversario do Descubrimento de América.  Con xa 25 anos están feitas unhas "boas mozas". No 2006 estiveron a punto de padecer un dos grandes incendios de Poio, por sorte os veciños de Poio conseguiron atallalo.  
Pola mañá comezamos pintándonos cada grupo, como actividades de  presentación e integración  , pois estabamos todos repartidos. Logo  cada grupo  fixo unha composición artística co material que había no contorno. Outros tamén fixemos unha xogo de pistas agochadas ou esparcidas pola contorna. Estas actividades foron , preto das secuoias, no merendeiro, nel atopamos  carballos, castiñeiros, loureitos reais, érvedos, estraloques, falsa árnica, carpazas, dentes de león, e tamén, por que non, bosta de cabalo e silvas. Rematamos co intercambio de árbores entre as escolas. Nós agasallamos  unha Camelia japónica `Caramuxiña´(ver listado de Viveiros Moreira)  que lle tocou ó CEIP Márcos da Portela, e a nós agasalláronos cunha "Secuoia" o  IES Seoane. Ás 13: 30 h os CEIP Manuel Vidal Portela e Campolongo marcharon. Os demais continuarón ata ás  16: 30 h máis ou menos e continuaron coa programación, que foi a de xantar e logo  ver  e xogar coa intervención artística que fixeron os maiores pola mañán. Esta  foi organizadas polo alumnado do IES Pedra da Auga . Fixeron unha intervención artística con cordas tecendo primeiro  en sentido horizontal entre as secuoias;  As redes que conectan as secuoias (simbolizando aos pobos de América) son collidas polos nenos e profesores (simbolizando aos pobos desta beira do Atlántico); logo en sentido vertical con forma de teas de araña típicas, presentes a ambos lados do Atlántico, como metáfora do desexo de atrapar a esencia e o espíritu desta xornada para que perdure  no bosque e nas  nosas conciencias.  Remataron explicándonos a finalidades desta obra efímera e agasalláronos cun cómic feito para a ocasión, "Atlantiña". 
  Ver máis fotos

xoves, 2 de xuño de 2016

Legumízate - 2016 Ano Internacional das Legumes


Escolas que colaboraron o conto: CEIP Parada de Campañó  / CEP Campolongo / CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez / EEI Verducido  /  CEP Marcos da Portela.
Este luns 23 de maio  teremos o Contacontos que nos vai presentar  esta historia   e algunha do maís do seu peto.

Artigos relacionados:    "2016 Ano Internacional dos legumes"
Como nos organizamos?
Ver fotos dos Contacontos Enrique Mauricio e Carlos Taboada