Amosando publicacións coa etiqueta Palestina b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Palestina b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 9 de novembro de 2014
xoves, 6 de novembro de 2014
mércores, 5 de novembro de 2014
martes, 4 de novembro de 2014
mércores, 22 de outubro de 2014
domingo, 5 de outubro de 2014
Suecia convertiráse no primeiro pais Europeo da Unión Europea (UE) en reconoceñer un Estado palestino

O novo governo de Suecia convertirase no primeiro da UE en recoñecer un Estado Palestino.
Antes, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas recoñeceu o 29-11-2012 ós palestino como "Estado observador non membro" .
Tres dos estados comunitarios, Eslovaquia, Hungría e Polonia, recoñeceron un Estado palestino pero fixéronno antes da súa entrada na UE (Unión Europea).
Suecia vé este recoñecemento como unha das solucións posibles para a pacíficación entre palestinos e israelitas.
sábado, 4 de outubro de 2014
Fútbol contra o apartheid en Palestina
2014 Ano Internacional de Solidaridade co povo Palestino
Son moitos os paises que están a pedir o remate do apartheid ó que está sometido o povo Palestino por parte de Israel. En Londres, hinchas de Chelsea e do Arsenal, como xa o fixeran en xaneiro os do Tottenham Hotspur e o Arsenal, únense para pedir la expulsión de Israel del mundo del fútbol internacional. Ver nova na paxina web palestina.org
Máis na etiqueta Palestina
Grafitis explicados sobre o muro de Palestina
Clica na imaxe para ver máis.
2014 Ano Internacional de Solidaridade co povo Palestino
Máis na etiqueta Palestina.
luns, 22 de setembro de 2014
Libro - "El hilo de la memoria"
O libro vainos contando, dende o principio e cunha voz moi persoal, a historia dos conflitos entre os palestinos e o Estado de Israel. Dende a expulsión dos seus territorios en 1948 ata o levantamento do actual muro de separación.
Libro - "La limpizaza étnica de Palestina" de Ilan Pappé
Ilan Pappé. Historiador xudeu. Por tal reiteradas ameazas de morte, tivo que fuxir de Israel e exilarse en Inglaterra, onde traballa como profesor na Universidade de Exeter.
Ver un resumo
domingo, 21 de setembro de 2014
"Voces de Gaza" coa Cadena Ser
Clicando na imaxe poderás escoitar os programas de radio que a Cadena Ser fixo dende Gaza no Ano Internacional de Solidaridade con Palestina (2014)
"Nós ensinamos vida, señor"
A periodista palestina Rafeef Ziadah escribiu , en resposta a unha pregunta dun periodista:
" Escribín este poema cando as bombas estaban a caer en Gaza e eu era a voceira de prensa para a coalición facendo moito traballo de organización. Quedabámonos espertos ata as seis da mañá perfeccionando cada clip de son e ao final, como saben, moitos palestinos cánsanse e acaban pronunciando os " P. " como "B" así é como nos convertemos en "balestinos" ao final do día, así que estiven a practicar os meus "pes" toda a noite e á mañá seguinte, un dos xornalistas preguntoume:
" Non cres que todo estaría ben se simplemente deixasen de ensinar aos seus fillos a odiar? "
Non insultei a persoa. Fun moi educada, pero escribín este poema como resposta a este tipo de preguntas que a nós, os palestinos, sempre nos fan.
Hoxe o meu corpo foi un masacre televisivo.
Hoxe o meu corpo foi un masacre televisivo que tivo que adaptarse a clips de son e limitación de palabras.
Hoxe o meu corpo foi un masacre televisivo que tivo que adaptarse a clips de son e limitación de palabras o suficientemente enchidas con estatísticas, contadores, medidas, respostas para as que tiven que perfeccionar o meu inglés e aprendín as miñas resolucións das Nacións Unidas.
Pero aínda así, el preguntoume: "Srta. Ziadah, non pensa que todo se arranxaría se deixasen de ensinar tanto odio aos seus nenos? "
Pausa.
Busquei dentro de min a fortaleza para ser paciente, pero a paciencia non está na punta da miña lingua mentres as bombas caen sobre Gaza.
A paciencia simplemente escapou de min.
Pausa.
Sorriso.
Nós ensinamos vida, señor.
(Raffeef, recorda sorrir)
Pausa.
Nós ensinamos vida, señor.
Nós, os palestinos, ensinamos vida despois de que eles ocupasen o último ceo.
Nós ensinamos vida despois de que eles constrúan os seus asentamentos e os seus muros do Apartheid despois do último ceo.
Nós ensinamos vida, señor.
Pero hoxe o meu corpo foi un masacre televisivo fabricado para adaptarse a clips de son e limitación de palabras.
"Pero, dános tan só unha historia, unha historia humana. Sabes, isto non é política. Nós tan só queremos falalo á xente sobre ti e a túa xente, así que, dános unha historia humana.
Non menciones as palabras "apartheid" e "ocupación", isto non é política. Tes que axudarme como xornalista a axudarche a contar a túa historia, a cal non é unha historia política,".
Hoxe o meu corpo foi un masacre televisivo
" Que hai se nos dás a historia dunha muller en Gaza que necesita medicación?
Que hai acerca de ti?
Tes os ósos suficientemente rotos para cubrir o teu fillo, entregarme ao teu morto e darme a lista dos seus nomes nun límite de 1200 palabras? "
Hoxe o meu corpo foi un masacre televisivo fabricado para adaptarse a clips de son e limitación de palabras e movido por aqueles insensibles ao sangue de terroristas.
Pero eles sénteno.
Sénteno polo asedio sobre Gaza.
Así que lles dí as resolucións das Nacións Unidas e as estatísticas,
E condenámolo,
E lamentámolo,
E rexeitámolo.
Estes non son dous bandos iguais: ocupante e ocupado,
e un centenar de mortos,
dous centenares de mortos,
e un millar de mortos
e entre medio deste crime de guerra e masacre, construín palabras
e un sorriso non exótico,
sorriso non terrorista,
e recontei e recontei,
un centenar de mortos,
dous centenares de mortos,
un millar de mortos,
Hai alguén aí fóra?
Haberá alguén que escoite?
Desexaría poder plañir sobre os seus corpos
Desexaría simplemente poder correr alí a cada campo de refuxiados e soster cada neno,
tapalos os oídos para que non tivesen que escoitar o son das bombas polo resto das súas vidas
como eu fago.
Hoxe o meu corpo foi un masacre televisivo,
E déixenme dicir que non hai nada que as súas resolucións das Nacións Unidas fixesen xamais sobre isto.
E ningún clip de son,
ningún clip de son que faga, non importa que bo inglés teña,
Ningún clip de son
Ningún clip de son
Ningún clip de son
Ningún clip de son
devolveralles a vida,
Ningún clip de son,
arranxará isto.
Nós ensinamos vida, señor
Nós ensinamos vida, señor
Nós, os palestinos, erguémonos cada mañá para ensinalo ao resto do mundo
Vida, señor."
Ver os poemas editados nun CD de Rafeef Ziadah
Páxina con documentación sobre Palestina
2014 Ano Internacional de Solidaridade con Palestina
Palestina-yogote-2014
Clicando na imaxe poderás entrar na páxina web "Palestinayogote2014", con vídeos, cancións , documentos ....
Artigo relacionado
2014 Ano Internacional de Solidaridade con Palestina
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)