sábado, 5 de outubro de 2013

12 - Sorprendente espiral sobra a auga


PRECISAMOS: un anaco de arame delgado, cera dunha candea, un recipiente con auga e deterxente.

PROCESO: En primeiro lugar dobramos un anaco de arame en forma de espiral. A espiral ten que ser pequena e lixeira. Logo engrasamos a espiral con cera dunha candea e, para rematar, deixamos a espiral sobre a superficie da auga.  Se se fai  con coidado quedará flotando na auga. Se se deixa caer unha pinga de deterxente no centro da espiral virará sobre a auga

EXPLICACIÓN: A tensión superficial da auga permite que a espiral de arame flote sobre a auga. O deterxente ten menos tensión superficial que a auga. Por isto a pinga de detergente que se deixa no centro da espiral diríxese rápidamente cara a fóra e pola reacción deste movemento prodúcese o xiro da espiral. Se se  deixa caer moito deterxente a espiral afúndese na auga. É mellor mollar un pauciño en deterxente e tocar lixeramente no centro da espiral

Ningún comentario:

Publicar un comentario