mércores, 17 de decembro de 2014

venres, 28 de novembro de 2014

UNESCO elixe o "Cante alentejano" como Património Imaterial da Humanidade

Ler máis na wikipedia

Método Montesori


Presume de Galego

Campaña na valoración da lingua propia  grabando o alumnado galegofalante (un minuto).  Como participar?
" Existimos os e as galegofalantes de menos de 60 anos, incluso de menos de 40, e de 30. De feito, case ningún chegamos aos 18! Se entras aquí  (imaxe) podes comprobar que desde os 3 anos xa falamos moi ben! Porque a nós tamén nos gusta mimar o noso ego, presumir do ben que falamos, da fonética marabillosa que nos sae da gorxa! Por iso, queremos compartir a nosa fala. De aquí e de acolá. Desde Ortegal ao Miño, desde Fisterra ata os Ancares, desde A Coruña a Vigo... Falamos de calquera tema en menos dun minuto e ti podes escoitarnos e/ou xuntar a túa voz coa nosa!"  Ler máis 

xoves, 27 de novembro de 2014

Auga dura e auga branda

REUNIÓN ESCOLAS UNESCO

Ola a todas e todos:
Teremos unha  reunión para o xoves 11 de decembro ás 18.00 horas no CEIP Isidora Riestra, despois teremos un pequeno convite para celebrar a chegada das vacacións e o noso traballo.
ORDE DO DÍA:
1.- Desenvolvemento das actividades propostas.
2.- Información da Xornada de Patrimonio
3.- Posibilidade de facer as xornadas do proxecto Atlántico
4.- Palestina
5.- Colaboración entre as escolas
6.- Rolda  de preguntas
Un saúdo

domingo, 5 de outubro de 2014

1ª Xuntanza Galega da Rede PEA UNESCO do Curso 2014-15 - Propostas de traballo


Primeira xuntanza de contacto para ver os temas que se poden abordar neste curso 2014-15 na Rede de Escolas Galegas Asociadas á UNESCO (18-10-2014).
 Entre outros, recordouse, dentro do grupo de traballo "Cultura de Paz" que o ano 2014 segue sendo, proclamado pola ONU, Ano Internacional de Palestina e que non se está visualizando moito a nivel de medios (ver artigo relaciona no blogue) .  Posible evento:   Organizar para o 29 de novembro, Día Internacional do pobo palestino, un encontro na “Ágora de Paz” entre as escolas galegas e palestinas coa axuda técnica das Universidades de Gaza e Cisjordania. https://sites.google.com/site/palestine2014yogote/   ou neste blogue na etiqueta "Palestina"
Como persoeiro a traballar dentro tamén de Cultua de Paz,  sempre entre outros  que cada escola queira traballar, escolleuse a   Caddy Adzuba,    unha abogada, periodista, locutora e activista polos dereitos da muller, a infancia e a liberdade de prensa no Congo .
Dentro do apartado de Desenvolvemento Sostible  , traballaranse diversos temas, dos cales algúns irán englobados nun proxecto conxunto denominado "Luces do Atlántico" , aproveitando que será  o ano 2015  Ano Internacional da Luz e Ano Internacioal do solo,   Dentro destes incluiremos en especial, os problemas que carrexa utilizar mal o  plástico.  Posible evento: 
- Celebrar una xornada conxunta nunha praia (na primavera), coordinada polos estudantes de Ciencias do Deporte, e que xirara ao redor de: o lixo do mar, xogos populares ou cooperativos, merenda saudable ..
- En  patrimonio a coordinadora estatal aconséllanos e mándannos información para traballar o "Patrimonio e o turismo sustentable"
Outros temas que se aconsellan dende a Coordinadora Estatal pódense ver na 1ª Circular  do curso 2014-15  e na 2ª circular do 30 de setembro  . Nesta 2ª atópase o proxecto a proposta de Brasil chamado "Cantando polo mundo"   ( Velo na circular  

Todo isto levarase para debater nos "Grupos Unesco" das Escolas Asociadas, onde este ano temos o pracer de contar tamén coa Facultade de Educación da Universidade de Vigo (en Pontevedra)

Ver acta da xuntanza


Proxecto Cantando polo Mundo

O Proxecto Cantando polo Mundo, desenvolvido polo Colexio Magno  (Brasil)e aberto ás Escolas Asociadas da UNESCO.

O proxecto ten como obxectivo ampliar a aprendizaxe dos xogos das diferentes culturas, e o repertorio musical e cultural destes, de maneira que os alumnos poidan coñecelos por medio do intercambio entre escolas de diferentes países.
Suxerimos algunhas accións específicas:

Gravación dun video co grupo de alumnos elixido, cantando e realizando un xogo popular co obxectivo de presentalo ao noso grupo de alumnos de Brasil. En resposta, o noso grupo tamén presentará un xogo típico do noso país.
A comunicación online entre os alumnos, por medio do Skype ou doutro medio dixital, para establecer sesións de integración en vivo entre eles, co fin de debater sobre diferentes aspectos das culturas dos grupos participantes.
A comunicación entre profesores, coordinadores e directores, para intercambiar sobre os aspectos pedagóxicos de cada xogo presentado e o desenvolvemento de cada traballo.
As producións finais serán publicadas nun sitio creado para esta finalidade, de forma que todo poida ser compartido entre as escolas e os países participantes.

A integración das nosas manifestacións folclóricas como tema de proxectos e vivencias na escola é moi significativa. Ofrécenos a posibilidade dun traballo de musicalización a través das mais variadas referencias culturais. Moitas características da cultura popular, como rituais de bailes e músicas forman parte do cotián escolar.
Desexamos que a súa escola poida participar neste proxecto que no seu contexto máis amplo está encravado na educación dunha cidadanía global, que é o principal obxectivo definido pola rede
internacional do PEA para a próxima década.

RESUMO 

1. Elixa un grupo de estudantes entre as idades de 6 a 8.

2. Elixa un xogo con canto que é popular no seu país e apropiado para o grupo de idade indicado. Neste caso, os xogos con expresións musicais e corporais poden ser elixidos sen ningún problema

3. Gravar un video de presentación do grupo que realiza o xogo dun xeito espontáneo. O vídeo pódese producir dun xeito máis afeccionado, utilizando os medios técnicos dispoñibles na escola (por exemplo: o uso dunha cámara e / ou o teléfono móbil).

4. O profesor e / ou os estudantes poden presentar datos interesantes sobre o xogo elixido: características pedagóxicas, tales como os instrumentos musicais, os aspectos culturais, asi como citar temas importantes na rexión na que se realiza o xogo, etc.

5. O video debe ser enviado ao Colexio Magno, en Brasil, que se encargará de analizar e promover os "socios" entre as escolas interesadas no proxecto.

6. A nosa intención é formar un grupo de intercambio de aprendizaxe dos xogos dos distintos países, apreciar e compartir as nosas experiencias musicais, e, polo tanto, o fortalecemento da cidadanía e o respecto de cada país pola diversidade cultural.

7. Unha vez que a escola manifesta o seu interese e participación no proxecto, enviarase o primeiro video producido cos nosos estudantes aquí, en Brasil.

Se ten algunha pregunta ou inquietude, por favor non dubide en contactar connosco: Beto
Schkolnick/ Music Area Coordinator/ Colégio Magno / Mágico de Oz: mivota @ colmagno.com.br (o correo aquí non  é o correcto, preguntarlle a Nito ). 

Patrimonio e turismo sustentable

Na segunda circular estatal deste curso, aconséllase para traballar o "Patrimonio e o turismo sostible".  
Se clicas na imaxe e poderás ver un dosier sobre o turismo : tipos, efectos positivos e negativos, patrimonio mundial e turismo sostible, educación en patrimonio,...

 O resumo final do dosier  é:

" Sempre defendemos a educación sobre o patrimonio a vivencia directa sobre este. Hai que potenciar as visitas aos lugares do patrimonio. Facer interesante a visita a un sitio cultural ou natural require dunha coidadosa e metódica preparación. Unha xira apropiadamente organizada pode inspirar o estudante a comprometerse a apoiar medidas de longo prazo a favor da súa protección e conservación. 

Ficha Actividades Curso 2014-15


Hai que cubrir en outubro e mandárllela ás coordinadoras galega e estatal.

5 de outubro - Día dos docentes - Placa cunha cita


2ª Circular Estatal da Rede PEA UNESCO


Nesta 2º circular esta  o proxecto "Cantando polo mundo" a proposta de Brasil.

Ver 1ª circular

Suecia convertiráse no primeiro pais Europeo da Unión Europea (UE) en reconoceñer un Estado palestino


O novo governo de Suecia convertirase no primeiro da UE en recoñecer un Estado Palestino.

  Antes, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas recoñeceu o 29-11-2012  ós palestino como "Estado observador non membro" . 

Tres dos estados comunitarios, Eslovaquia, Hungría e Polonia, recoñeceron un Estado palestino pero fixéronno antes da súa entrada na UE (Unión Europea).

Suecia vé este recoñecemento como unha das solucións posibles para a  pacíficación  entre palestinos e israelitas.

5 de outubro "Día Mundial dos docentes"


O lema da UNESCO di "Invertir no futuro, invertir en docentes"

Artigo relacionado

sábado, 4 de outubro de 2014

Fútbol contra o apartheid en Palestina


2014 Ano Internacional de Solidaridade co povo Palestino
Son moitos os paises que están a pedir o remate do apartheid ó que está sometido o povo Palestino por parte de Israel. En Londres, hinchas de Chelsea e do Arsenal, como xa o fixeran en xaneiro os do Tottenham Hotspur e o  Arsenal, únense para pedir la expulsión de Israel del mundo del fútbol internacional.  Ver nova na paxina web palestina.org

Máis na etiqueta Palestina


Grafitis explicados sobre o muro de Palestina


Clica na imaxe para ver máis.

2014 Ano Internacional de Solidaridade co povo Palestino

Máis na etiqueta Palestina.

Clara Campoamor e o dereito ó voto das mulleres

O 1 de outro de 1931, Clara Campoamor conseguía, que a Constitución Española recoñecese o dereito ao voto das mulleres. Un gran paso no camiño da nosa liberdade e da nosa dignidade. Ese camiño segue sendo longo e tortuoso.

Curiosamente houbo nestas mesmas datas mulleres de esquerda que aínda estaban en contra do sufraxio feminino. Exemplo:  Victoria Kent

xoves, 25 de setembro de 2014

2015 Ano Internacional do Solo

A 68ª sesión da Asemblea Xeral da ONU declara 2015 Ano Internacional dos solos (A/RES/68/232). A Organización da Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) foi encargada de implementar o Ano Internacional dos solos 2015 (AIS) no marco da Alianza Mundial polo Chan e en colaboración cos gobernos e a secretaría da Convención das Nacións Unidas de Loita contra a Desertización (CNULD). O AIS 2015 ten como obxectivo aumentar a concienciación e a comprensión da importancia do solo para a seguridade alimentaria e as funcións ecosistémicas esenciais. O sitio web do AIS é a principal plataforma para compartir información e recursos relevantes con diferentes socios. O sitio actualizarase proximamente. Invitámolo a volver visitalo para máis información. 
 Os obxectivos específicos do Ano Internacional dos solos 2015 son os seguintes:
Conseguir a plena concienciación da sociedade civil e os responsables da toma de decisións sobre a profunda importancia do chan para a vida humana; Educar o público sobre o papel crucial que desempeña o chan na seguridade alimentaria, a adaptación e a mitigación do cambio climático, os servizos ecosistémicos esenciais, a mitigación da pobreza e o desenvolvemento sostible; Apoiar políticas e accións eficaces para o manexo sostible e a protección dos recursos do chan; Promover investimentos en actividades de manexo sostible da terra para desenvolver e manter chans saudables para os diferentes usuarios da terra e grupos de poboación; Fortalecer iniciativas en relación co proceso dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a axenda post-2015; Promover unha mellora rápida da capacidade para a recompilación de información sobre o chan e a supervisión a todos os niveis (mundial, rexional e nacional).

Ver tamén 2015 Ano Internacional da Luz

2015 Ano Internacional da Luz

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou na súa LXVIII sesión o ano 2015 como Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías baseadas na Luz. A devandita resolución conta co copatrocinio de 35 países entre os que se encontra España. Os obxectivos do Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías baseadas na Luz son: . Mellorar a comprensión pública de como a luz e as súas tecnoloxías relacionadas afectan á vida cotiá e son esenciais para o futuro desenvolvemento da Humanidade. . Desenvolver a capacidade educativa mediante actividades orientadas á difusión da cultura científica entre os mozos en todo o mundo. . Aumentar a cooperación internacional. . Difundir os descubrimentos dos séculos XIX e XX que demostraron a importancia fundamental da luz na ciencia e o desenvolvemento científico. . Destacar a importancia da investigación e fomentar vocacións científicas no ámbito da luz e as súas aplicacións. . Promover a importancia da tecnoloxía de iluminación no desenvolvemento sostible e na mellora da calidade de vida nos países en vías de desenvolvemento. . Dar a coñecer a profunda relación que existe entre a luz, a arte e a cultura, así como fortalecer o papel das tecnoloxías ópticas na preservación do patrimonio cultural. . Conseguir que os logros e obxectivos anteriores perduren no tempo máis alá de 2015.
Ver tamén 2015 Ano Internacional do solo

mércores, 24 de setembro de 2014

Lecturas recomendadas de Astronomía


Octupuses and Allies @ school


A escola italiana "Liceo Scientifico D Carlo La Mura" (Salerno, Italia), que participou nas videoconferencias do curso pasado, ten un traballo interesante sobre  un cefalópodo, o "pulpi" (polvo). Esta en italiano, e algunha parte en francés e inglés. 
Esta escola invita a outras Escolas Asociadas UNESCO a partillar con eles sobre estes animais para concienciar á todos sobre a importancia na conservación destos animais e en xeral do Medio.

Ver o traballo en PDF

Os interesados poden comunicarse coa escola ou falar con Xavier Prado para poñerse en contacto.

luns, 22 de setembro de 2014

Libro - "El hilo de la memoria"

O libro vainos contando, dende o principio e cunha voz moi persoal, a historia dos conflitos entre os palestinos e o Estado de Israel. Dende a expulsión dos seus territorios en 1948 ata o levantamento do actual muro de separación.

Libro - "La limpizaza étnica de Palestina" de Ilan Pappé

 Ilan Pappé.  Historiador xudeu. Por tal   reiteradas ameazas de morte, tivo que fuxir de Israel e exilarse en Inglaterra, onde traballa como profesor na Universidade de Exeter.

Ver un resumo

Caddy Adzuba en yogote-2015


Clica na imaxe para entrar nun espazo adicado a esta loitadora dos dereitos humanos.

Artigo relacionado

domingo, 21 de setembro de 2014

Sen a liberdade de Palestina a nosa é incompleta


"Voces de Gaza" coa Cadena Ser


Clicando na imaxe poderás escoitar os programas de radio que a Cadena Ser fixo dende Gaza no Ano Internacional de Solidaridade con Palestina (2014)

"Nós ensinamos vida, señor"




A periodista palestina  Rafeef Ziadah escribiu , en resposta a unha pregunta dun  periodista:  
 " Escribín este poema cando as bombas estaban a caer en Gaza e eu era a voceira de prensa para a coalición facendo moito traballo de organización. Quedabámonos espertos ata as seis da mañá perfeccionando cada clip de son e ao final, como saben, moitos palestinos cánsanse e acaban pronunciando os " P. " como "B" así é como nos convertemos en "balestinos" ao final do día, así que estiven a practicar os meus "pes" toda a noite e á mañá seguinte, un dos xornalistas preguntoume:

" Non cres que todo estaría ben se simplemente deixasen de ensinar aos seus fillos a odiar? "

Non insultei a persoa. Fun moi educada, pero escribín este poema como resposta a este tipo de preguntas que a nós, os palestinos, sempre nos fan.

Hoxe o meu corpo foi un masacre televisivo.
Hoxe o meu corpo foi un masacre televisivo que tivo que adaptarse a clips de son e limitación de palabras.
Hoxe o meu corpo foi un masacre televisivo que tivo que adaptarse a clips de son e limitación de palabras o suficientemente enchidas con estatísticas, contadores, medidas, respostas para as que tiven que perfeccionar o meu inglés e aprendín as miñas resolucións das Nacións Unidas.
Pero aínda así, el preguntoume: "Srta. Ziadah, non pensa que todo se arranxaría se deixasen de ensinar tanto odio aos seus nenos? "

Pausa.

Busquei dentro de min a fortaleza para ser paciente, pero a paciencia non está na punta da miña lingua mentres as bombas caen sobre Gaza.

A paciencia simplemente escapou de min.

Pausa.

Sorriso.

Nós ensinamos vida, señor.
(Raffeef, recorda sorrir)

Pausa.

Nós ensinamos vida, señor.
Nós, os palestinos, ensinamos vida despois de que eles ocupasen o último ceo.
Nós ensinamos vida despois de que eles constrúan os seus asentamentos e os seus muros do Apartheid despois do último ceo.
Nós ensinamos vida, señor.
Pero hoxe o meu corpo foi un masacre televisivo fabricado para adaptarse a clips de son e limitación de palabras.

"Pero, dános tan só unha historia, unha historia humana. Sabes, isto non é política. Nós tan só queremos falalo á xente sobre ti e a túa xente, así que, dános unha historia humana.
Non menciones  as palabras "apartheid" e "ocupación", isto non é política. Tes que axudarme como xornalista a axudarche a contar a túa historia, a cal non é unha historia política,".

Hoxe o meu corpo foi un masacre televisivo

" Que hai se nos dás a historia dunha muller en Gaza que necesita medicación?
Que hai acerca de ti?
Tes os ósos suficientemente rotos para cubrir o teu fillo, entregarme ao teu morto e darme a lista dos seus nomes nun límite de 1200 palabras? "

Hoxe o meu corpo foi un masacre televisivo fabricado para adaptarse a clips de son e limitación de palabras e movido por aqueles insensibles ao sangue de terroristas.
Pero eles sénteno.
Sénteno polo asedio sobre Gaza.
Así que lles dí as resolucións das Nacións Unidas e as estatísticas,
E condenámolo,
E lamentámolo,
E rexeitámolo.
Estes non son dous bandos iguais: ocupante e ocupado,
e un centenar de mortos,
dous centenares de mortos,
e un millar de mortos
e entre medio deste crime de guerra e masacre, construín palabras
e un sorriso non exótico,
sorriso non terrorista,
e recontei e recontei,
un centenar de mortos,
dous centenares de mortos,
un millar de mortos,
Hai alguén aí fóra?
Haberá alguén que escoite?
Desexaría poder plañir sobre os seus corpos
Desexaría simplemente poder correr alí a cada campo de refuxiados e soster cada neno,
tapalos os oídos para que non tivesen que escoitar o son das bombas polo resto das súas vidas
como eu fago.

Hoxe o meu corpo foi un masacre televisivo,

E déixenme dicir que non hai nada que as súas resolucións das Nacións Unidas fixesen xamais sobre isto.
E ningún clip de son,
ningún clip de son que faga, non importa que bo inglés teña,
Ningún clip de son
Ningún clip de son
Ningún clip de son
Ningún clip de son
devolveralles a vida,
Ningún clip de son,
arranxará isto.

Nós ensinamos vida, señor
Nós ensinamos vida, señor
Nós, os palestinos, erguémonos cada mañá para ensinalo ao resto do mundo
Vida, señor."

Ver os poemas editados nun CD de Rafeef Ziadah

Páxina con documentación sobre Palestina

2014 Ano Internacional de Solidaridade con Palestina

Palestina-yogote-2014


Clicando na imaxe poderás entrar na páxina web "Palestinayogote2014", con vídeos, cancións , documentos ....

Artigo relacionado

2014 Ano Internacional de  Solidaridade con Palestina



xoves, 18 de setembro de 2014

Caddy Adzuba



Caddy Adzuba  Premio Príncipe de Asturias á Concordia 2014 e Premio Internacional de Periodismo Julio Anguita Parrado 2009, realiza un labor arriscado e profundamente comprometido cos valores da paz e a defensa dos dereitos humanos. 
Nace en Bukavu, República Democrática do Congo, en 1981. Licenciada en Dereito pola Universidade Oficial de Bukavu e membro fundadora da rede Un Altofalante para o Silencio -proxecto da Fundación Euroárabe-, Caddy Adzuba exerce o periodismo en Raio Okapi, emisora da Misión de Nacións Unidas na República Democrática do Congo -MONUC-, que emite en todo o territorio deste país. Adzuba é membro da Asociación de Mulleres de Medios de Comunicación do Leste de Congo, grazas á cal se realizaron distintas alegacións á Corte Penal Internacional e ao Senado dos Estados Unidos, denunciando a violencia sexual que sofren as mulleres de República Democrática do Congo, un país que vive en guerra dende 1996 e no que se cifra unha media de corenta violacións diarias a mulleres dende o inicio do conflito. 
 Na traxectoria profesional de Caddy Adzuba, Premio Internacional de Periodismo Julio Anguita Parrado 2009, destaca o seu compromiso na defensa dos dereitos humanos e a construción da paz dende o seu labor como xornalista nun dos conflitos máis atroces do mundo, e a súa denuncia da violencia que se exerce contra as mulleres, da utilización das nenas e nenos como soldados e da defensa da liberdade de expresión. En 2014, Caddy Adzuba recibe o Premio Príncipe de Asturias á Concordia, recoñecendo así a súa loita pola liberdade de prensa, a reconstrución da paz e os dereitos humanos, especialmente os da infancia e as mulleres en zonas de conflito. A súa denuncia, a través do periodismo, das torturas e violacións das que son vítimas as mulleres e as nenas congolesas e o seu traballo pola reinserción destas mulleres nunha sociedade na que son repudiadas, por este feito.

VI Edición do Xadrez na Rúa



Este venres 19 de setembro, ás 17:00 h celebrarase na Praza da Ferraría a VI Edición  do Xadrez na Rúa. Lembramos que a esta xornada lúdica poden asistir tod@s  os que queiran aínda que non saiban xogar moi ben, pois haberá xente dabondo para que xoguen e aprendan.

Ver fotos do evento

Nova na prensa

Ver a V Edición no 2013

Ver a  1ª Edición  como traballo presentado nas Escolas Asociadas Unesco

Artigo relacionado  "Proyecto Ajedrez Educativo en Cantabria"

xoves, 11 de setembro de 2014

1ª Circular Rede PEA UNESCO Curso 2014-115

https://docs.google.com/document/d/1qsnqaKN0TEdpsSPSj_4qomwZDZ-w9txq-MsYro_We5A/edit?usp=sharing

1ª Xuntanza Escolas Galegas Asociadas Unesco Curso 14-15

1ª Xuntanza  de inicio de curso  2013-14:
Xoves, 18 de setembro ás 17.00 horas no IES Luís Seoane de Monte Porreiro.  A partir de aquí comezaremos o roteiro por todas as escolas.

ORDE DO DÍA:
- Avalición do XXVII Encontro
- Propostas de traballo conxuntas
- Realización dunhas xornadas do Proxecto Atlántico e datas consensuadas coas e cos colegas portugueses
- 2015: Ano Internacional da Luz : propostas posibles
- Benvida aos compañeiros e compañeiras da Facultade de Educación
- Posibilidade de xornadas compartidas entre as diferentes escolas
- Rogos e preguntas

martes, 8 de xullo de 2014

Resumo XXVII Congreso Rede PEA UNESCO en Pontevedra



Todo e máis na etiqueta "XXVII Encontro Rede PEA"

Conto "El pozo de Mongu"


Colexio de Educación Especial "Juan Valera" (Córdoba)
Ver ficha da presentación

Foro Hernandiano - Arxentina

"MADAMAS e GALÁNS" e "MADIALEVA"

Unha noite na eira do trigo - Alumnado do IES Seoane

"Unha noite na eira do trigo" cantada polo alumnado do IES Seoane,  acompañados dos Titititeiros de Poio, en homenaxe  a Graciela e Maridée da  Escola José Hernández de Bos Aires de Arxentina, polo ben que acolleron ó IES Seoane cando alí foron .


Unha noite na eira do trigo
 Ó refrexo do branco luar
Unha nena choraba sin trégolas
Os desdés dun ingrato galán.
 I a coitada entre queixas decía:
 Xa no mundo non teño a ninguén,
Vou morrer e non ven os meus ollos,
Os olliños do meu doce ben.
 Os seus ecos de melencolía,
 Camiñaban nas alas do vento
I o lamento repetía
Vou morrer e non vén o meu ben.
 Lonxe dela de pé sobre a popa
Dun aleve negreiro vapor
Emigrando camiño de américa
 Vai o probe e infeliz amador.
 I ó mirar as xentís anduriñas
 Cara a terra que deixa cruzar
Quen puidera dar volta pensaba
 Quen puidera convosco voar.
 Mais as aves e o buque fuxían,
Sin ouir seus amargos lamentos,
Só os ventos repetían,
Quen puidera convosco voar.
  Noites craras de aromas e lúa,
Desde entón que tristeza en vós hai
 Pros que viron chorar unha nena,
Pros que viron un barco marchar.
 Dun amor celestial verdadeiro,
Quedou soio de bágoas a proba
Unha cova nun outeiro
I un cadavre no fondo do mar..

Romería Cántabra anos 60

A Facultade de Ciencias da Educación aspira a integrarse nas Escolas Asociadas da Unesco


Fotos presentando a memoria no XXVII Congreso Galego da Rede PEA UNESCO.

Resumo do XXVII Congreso Rede PEA UNESCO

Proxecto "Ajedrez Educativo Cantabria"

luns, 7 de xullo de 2014

Enderezos de Interés para investigar sobre o Patrimonio Subacuático

Enlaces sobre talasonímia recomendados por J. A. Palomares no XXVII Congreso da Rede PEA UNESCO


 

En galego:

 

A maior amenaza para a Paz é a Fame - José Esquinas


A maior amenaza para a paz é a fame

El hambre no es problema del dinero sino de la voluntad política

O XXVII Congreso Rede PEA UNESCO na prensa


Ver nova no Faro de Vigo

Presentacións de Desenvolvemento Sostíbel - XXVII Congreso Estatal Rede PEA UNESCO


Exposición "Pedagoxías Libertarías"

No Pazo da Cultura, durante o XXVII Encontro da Rede PEA UNESCO, exhibíuse unha exposición dedicada as pedagoxías libertarias, unha actividade que rinde homenaxe a un dos pioneiros das escolas asociadas unesco en España, o  recén falecido profesor Antonio Castro, coñecido como "Mae"

Presentacións de Patrimonio - XXVII Congreso Estatal Rede PEA UNESCO


Presentacións de Cultura de Paz - XXVII Congreso Estatal Rede PEA UNESCO


domingo, 6 de xullo de 2014

Madialeva no XXVII Congreso Estatal da Rede PEA UNESCO


Ver fotos do 3º día do congreso
Hoxe eiquí, mañá alá,
    pasado mañá na feira,
    deste modo vai pasando
    esta vida pasaxeira.

    Ai-e-le-le-le, ai-e-le-le-le,
    Ai-e-le-le-le, ai-e-le-le-la.
    Ai-e-le-le-le, ai-e-le-le-le,
    Ai-e-le-le-le, ai-e-le-le-la-la

    Podes fala-lo que queiras
    e canta-lo que che adoite,
    cando ti dis que é de día
    todos pensan que é de noite.

    Ai-e-le-le-le...

    Ditosos os que se deitan
    sen ansias en qué pensare,
    érguense porque despertan
    e saben que han de xantare

    Ai-e-le-le-le...

    Non digas que vai dereito
    o cravo que torto entroue,
    non digas que é carpinteiro
    quen nunca táboa labroue.

    Ai-e-le-le-le...

    Catro cousas quere o amo
    do criado que o serve:
    tarde á cama, erguerse cedo,
    comer pouco, estar alegre.

    Ai-e-le-le-le...

    Adeus, adeus que me voue,
    adeus, que me quero ir,
    págame a miña soldada
    que non te quero servire.

    Ai-e-le-le-le...