PRECISAMOS: Para facer o noso experimento necesitamos un frasco de cristal grande con tapadeira, tres candeas pequenas de alturas diferentes e un isqueiro. 
PROCESO: Ao queimar unha candea nun recipiente pechado a combustión consome o osíxeno do recipiente e a candea termina apagándose.
Que sucede si repetimos o experimento con tres candeas de diferentes alturas? En que orde apagaranse as velas?
Se facemos o experimento podemos ver que primeiro  apágase a candea de maior altura, logo  intermedia e, finalmente, a  pequena. 
EXPLICACIÓN:  A combustión das candeas consome osíxeno e produce dióxido de carbono e vapor de auga. O dióxido de carbono é máis denso que o aire pero as correntes de convección encárganse de acumular o dióxido de carbono na parte superior do recipiente, desprazando o osíxeno á parte inferior. Por este motivo primeiro apágase a candea de maior altura, logo  a intermedia e, finalmente, apagarase a  de menor tamaño.
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario