PRECISAMOS: un cueiro de bebé, auga, unhas tesoiras, un vaso e un frasco con tapa.
PROCESO: En primeiro lugar cortamos o cueiro coas tesoiras e sacamos, con coidado, o algodón e o sal que contén. Logo metemos o algodón nun frasco con tapa e axitamos para separar a maior cantidade de sal. Finalmente, quitamos o algodón e poñemos o sal nun vaso.
Se engadimos un pouco de auga (medio vaso) vemos que en segundos se forma unha especie de xel.
EXPLICACIÓN: Os cueiros están recheos de algodón e dun polímero sintético (poliacrilato de sodio) que pode absorber unha gran cantidade de auga por unidade de masa. Ao absorber a auga, o polímero transfórmase nun xel
Ver máis experimentos.
Ver máis experimentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario