Etiquetas

sábado, 31 de xaneiro de 2015

A luz pode viaxar por debaixo da velocidade da luz

Os científicos souberon dende hai moito tempo que a velocidade da luz pode ser reducida lixeiramente mentres circula a través de materiais como a auga ou o cristal. Non obstante, pensábase que era imposible para as partículas de luz, os fotóns, retardar a súa marcha mentres viaxaban a través do espazo baleiro sen impedimentos nin interaccións con ningún material.
Nun novo traballo publicado no Science Express investigadores da Universidade de Glasgow describiron como conseguiron retardar aos fotóns no espazo baleiro por primeira vez. Demostraron que aplicando unha máscara a un  "haz de luz" para dar aos fotóns unha estrutura espacial determinada, poden reducir a súa velocidade.
Este descubrimento mostra sen ambigüidade que a propagación da luz pode ser reducida por debaixo da cifra comunmente aceptada de 299.792 quilómetros por segundo mesmo cando viaxa a través do aire ou no baleiro".

Lámpada incandescente

INFANCIA E MOCIDADE NO HOLOCAUSTO

O pasado 27 de xaneiro, Día Internacional en lembranza das víctimas do Holocausto, inauguramos a Exposición, este ano referida aos nenos e nenas.


FESTIVAL POLA PAZ. IES LUÍS SEOANE

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA: CADDY ADZUBA

13 de febreiro - Día Mundial da Radio -UNESCO