Amosando publicacións coa etiqueta Cambio Climático. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cambio Climático. Amosar todas as publicacións

venres, 26 de febreiro de 2016

Brincaletras - O Ártico rompe

Traballando na escola coas consecuencias do  Cambio Climático 
Feito con preguntas do alumnado do Ciclo Superior do CEP Campolongo durante o curso 2015-16.
Se primeiro te queres informar antes de xogar podes ver as presentacións:  O Ártico rompe -  Máis traballos

Clica na imaxe para xogar

sábado, 20 de febreiro de 2016

Cambio Climático - Traballos - O Ártico rompe


Aquí  temos varios    traballos,  un de Diego R. G (6ºD) ,  outro de Sara S. F. (6ºC), outro de Sara G. de 6ºB,  e despois algunhas das preguntas elaboradas para facer un xogo sobre este tema ( Xogo  Brincaletras).

Para respostar as preguntas que seguen podes investigar primeiro se queres neste artigo relacionado.

Ver traballo de Sara S. F. 




  Preguntas de Carla Meijón

domingo, 29 de novembro de 2015

Cambio climático: 12 claves da cumbre de París (30-11-2015/11-12-2015)

Os representantes de 195 países,
a maioría dos Estados do mundo,reúnense no cume do Clima de París entre o 30 de novembro e o 11 de decembro. Neste encontro tratarase de pechar o primeiro acordo global para tentar frear o cambio climático.
1-Que é o cambio climático?


Os chamados gases de efecto invernadoiro, principalmente o dióxido de carbono (CO2), acumúlanse na atmosfera e impiden que as radiacións infravermellas que emite o planeta ao quentarse saian ao espazo. Isto fai que a temperatura do planeta suba. Estes gases sempre estiveron presentes na atmosfera. O problema, segundo o consenso científico (case absoluto), é que as actividades humanas están a  contribuir a romper o equilibrio existente. A industria, o transporte e os usos do chans aumentaron a concentración destes gases. Segundo a segundo a Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), a concentración de CO2 na atmosfera alcanzou en 2014 as 397,7 partes por millón (ppm). Antes da Revolución Industrial era de 278 ppm.    
2-Que consecuencias ten o cambio climático?
Os científicos do grupo IPCC da ONU sinalaban que se o ser humano continúa co ritmo de emisión de gases sen tomar medidas de mitigación a temperatura media global subirá entre 3,7 e 4,8 graos en 2100 respecto ao nivel preindustrial. Ademais do aumento da temperatura e do nivel do mar, os científicos sosteñen que tamén afectará os fenómenos climáticos extremos, como inundacións, secas e ciclóns. A Administración Nacional Oceánica e Atmosférica de EE UU analizou 28 fenómenos extremos rexistrados no planeta en 2014. E conclúe que en 14 casos o cambio global fixo que sexan máis probables ou máis fortes.

domingo, 22 de novembro de 2015

10 Conclusións sobre o que está a acontecer no Ártico

1- O quecemento do Ártico prodúcese na
actualidade  a un ritmo veloz e prevense cambios de moito maior alcance.
2- O quecemento do Ártico e as súas consecuencias teñen un impacto mundial.
3- É probable que se produzan transformacións na cobertura vexetal do Ártico, o que tería repercusións de gran alcance.
4- Produciranse cambios na diversidade e distribución das especies animais.
5- Moitas comunidades e instalacións costeiras están cada vez máis a mercé das tormentas.
6- É moi probable que a diminución das banquisas facilite o transporte marítimo e o acceso aos recursos.
7- O desxeo da superficie afectará o transporte, as construcións e outras infraestruturas.
8- As comunidades indíxenas enfróntanse a repercusións económicas e culturais de gran importancia.
9- Os altos niveis de radiación ultravioleta afectarán a persoas, plantas e animais.
10- Os efectos que sofren as persoas e os ecosistemas prodúcense pola interacción de múltiples factores.

Fonte: GreenFact

Máis "O Ártico racha"