Amosando publicacións coa etiqueta Citas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Citas. Amosar todas as publicacións

sábado, 12 de outubro de 2013

Eu teño un soño - M. Luther King

I have a dream (Eu teño un soño)

Neste ano, 2013, moitos medios de comunicación  recordan que pasaron 50 anos (1963)  dende que Martin Luther King manifestara dende o Monumento a Lincoln de Washington e ante 250 mil persoas un SOÑO que segue  a ser moi  actual: a igualdade no acceso ós dereitos civís, ó traballo, á liberdade.

A frase cambiaría para sempre as relacións raciais nos Estados Unidos de América e perviviu no imaxinario colectivo como un dos máis fermosos discursos na historia política do país.

A aquel pastor baptista que vivira a discriminación en carne propia concederonlle o Premio Nobel da Paz en 1964. Porque a súa principal arma sempre fora esa: a resistencia pacífica e a palabra fronte ós que propugnaban o "ollo por ollo" e a violencia.

Cinco anos despois dese esperanzador discurso que hoxe fai medio século, o 4 de abril de 1968, Luther King foi asasinado por un francotirador que lle disparou á cabeza. Tiña só 39 anos. Pero os seus soños continúan vixentes. El mesmo o dicía: "a nosa xeración non se lamentará das obras e das palabras das malas persoas, senón do silencio das boas persoas.

Un home sobre a area

Nelson Mandela, acadou a presidencia  (1994), cun un país totalmente divido polo odio  entre brancos e negros (véxase Apartheid ). Con esta difícil situación tratou de unir ó  país, entre outras cousas,  utilizando a Copa do Mundo de  Rugbi de 1995  , deporte por excelencia e todo un  símbolo dos  perdedores nas eleccións. . 
Deixamos un aquí  que  foi a entrega do discurso "Un home sobre a area" de Theodore Roosevelt ó capitán do equipo de rugbi (François Pineaar).  O título vén de que Mandela tivo o poema escrito nunha folla de papel durante a súa prisión, axudándolle a soportar o seu encarceramento. Imos ver só un anaco moi representativo de todo o discurso: 

" Non é o crítico quen conta; nin aqueles que sinalan como o home forte cambaléa, ou en que ocasións o autor dos feitos podería telo feito mellor. O recoñecemento pertence realmente ao home que está na area, co rostro desfigurado polo po, suor e sangue; ao que se esforza valientemente,  erra e dá un tropezón tras outro pois non hai esforzo sen erro ou fallo; a aquel que realmente se empéña en lograr o seu cometido; quen coñece grandes entusiasmos, grandes devocións; quen se consagra a unha causa digna; quen no mellor dos casos atopa ao final o triunfo inherente ao logro grandioso; e que no peor dos casos, si fracasa, polo menos caerá coa fronte ben  alta, de maneira que o seu lugar xamais estará entre aquelas almas frías e tímidas que non coñecen nin a vitoria nin o fracaso"

NOTA. Na película Invictus, de Clint Eastwood,  o poema que Mandela lle dá o capitán do equipo é tamén chamado "Invictus"

Máis sobre Nelson Mandela

xoves, 10 de outubro de 2013

Frases de Nelson Mandela

As 13 primeiras son que se vén neste vídeo

1- O Valente non é o que sente mede , senón o que vence ese medo.
2- A educación é a arma máis poderosa que un pode usar para mudar o mundo.
3- Se un fala cun home nunha linguaxe que el comprende,  a información éntralle na cabeza. Pero se un fala na súa lingua ,abarcamos o campo do corazón.
4- Non hai nada como regresar un lugar que está igual para descubrir o moito que mudou.
5- Soño con que un día en que todos os homes se levanten e comprendan que foron feitos para vivir como irmáns.
6- Un non é amado porque é bo, un é bo porque é amado.
7- Unha boa cabeza e un bo corazón sempre é unha combinación formidable.
8- Eu son o capitán da miña alma.
9- Non esqueza un que os santos son pecadores que continúan pecando.
10- Aínda hai xente que non sabe, cando se levanta, de onde virá a próxima comida, e hai crianzas con fama que choran.
11- Criticar sobre os outros é certamente un defecto, máis é unha virtude cando é aplicado a  si mesmo.
12- Debemos promover  ó coraxe onde hai medo, promover o acordo onde existe conflito, e inspirar esperanza onde hai desespero.
13- Non poderás encontrar ningunha paixón se te conformas cunha vida que é inferior a aquela que eres capaz de vivir.

Agora seguen pero  clasificadas por tematicas

EDUCACION
1- A educación é a arma máis poderosa que un pode usar para mudar o mundo.
2- A xente debe aprender a odiar, e si poden aprender a odiar, pódeselles ensinar a amar.
3- Ninguén nace odiando a outra persoa pola cor da súa pel ou a súa orixe, ou a súa relixión.
4- Sen linguaxe, non podes falar coa xente e entendela, compartir as súas esperanzas e aspiracións, comprender a súa historia, apreciar a súa poesía, nin saborear as súas cancións.
5- Se un fala cun home nunha linguaxe que el comprende,  a información éntralle na cabeza. Pero se un fala na súa lingua ,abarcamos o campo do corazón.

PERSOA
1- Eu son o capitán da miña alma.
2- Mentres camiñaba cara á porta que me levaría á liberdade sabía que si non me libraba da amargura e do odio, aínda seguiría no cárcere.
3- Aprendín que a coraxe non é a ausencia do medo, senón o triunfo sobre el.
4- Ser optimista é manter a cabeza apuntando cara ao sol, mentres os pés avanzan.
5- A maior gloria na vida non consiste en non caer nunca senón en levantarnos cada vez que caemos
6- Debemos usar o tempo sabiamente e darnos conta de que sempre é o momento oportuno para facer o correcto.
7. Un non é amado porque é bo, un é bo porque é amado.
8. Non poderás encontrar ningunha paixón se te conformas cunha vida que é inferior a aquela que es capaz de vivir
8- Criticar sobre os outros é certamente un defecto, máis é unha virtude cando é aplicado a  si mesmo.
8- Unha boa cabeza e un bo corazón sempre é unha combinación formidable.
9- Non esqueza un que os santos son pecadores que continúan pecando.

LOITA
1-Camiñei un longo camiño cara á liberdade.
2-Sempre parece imposible ata que se fai.
3-Dirixe desde atrás e deixa que os demais crean que son eles os que están diante.
4-Ponte en primeira liña cando haxa perigo. Entón a xente vai apreciar o teu liderado.
5-Unha persoa non se converte nun loitador pola liberdade esperando gañar premios.
6-Un ganador é un soñador que nunca se rende
7-Debemos promover  ó coraxe onde hai medo, promover o acordo onde existe conflito, e  inspirar esperanza onde hai desespero.

SOCIEDADE

1-Ser libre non é simplemente desfacerse das cadeas, senón vivir dun xeito que respecte e destaque a liberdade dos demais.
2-Superar a pobreza non é unha tarefa de caridade, senón un acto de xustiza.
3-Do mesmo xeito que a escravitude e o apartheid, a pobreza non é natural.
4-Unha nación non debe xulgarse pola forma en que trata aos seus cidadáns máis altos senón aos máis baixos.
5-Non pode haber unha revelación máis intensa do alma dunha sociedade que a forma en que trata aos seus nenos.
6-Acariñei o ideal dunha sociedade democrática e libre na que todas as persoas vivan xuntas en harmonía e con igualdade de oportunidades.
7-Soño con que un día en que todos os homes se levanten e comprendan que foron feitos para vivir como irmáns.

MUNDO

1-Sabemos moi ben que a nosa liberdade é incompleta sen a liberdade dos palestinos.
2-Toda a miña vida  dediqueina  á loita do pobo africano.
3-Soño cun África que estea en paz consigo mesma.
4-Ás veces recae sobre unha xeración o ser grande, talvez a túa poida ser esa xeración.
5-A paz é a mellor arma para o desenvolvemento que poida ter calquera persoa.
6-A música e o baile son os que me fan estar en paz co mundo.

7-Non hai nada como regresar un lugar que está igual para descubrir o moito que mudou

OUTROS
1-A diferenza que provoquemos na vida doutros é o que vai determinar o significado da vida que levamos.
2-Unha das cousas que aprendín cando estaba negociando, foi que ata que non me cambiei á miña mesmo, non puiden cambiar aos demais.
3-Nada é branco ou negro
4-Ao deixar que a nosa luz brille, sen darnos conta damos permiso a outros para facer o mesmo.
5-Ter resentimento é como beber un veleno e esperar que este vaia a matar aos teus inimigos.
6-Aínda hai xente que non sabe, cando se levanta, de onde virá a próxima comida, e hai crianzas con fama que choran.

Máis sobre Nelson Mandela

mércores, 9 de outubro de 2013

Frases de Luther Martin King

Fai 50 anos, en 1963, este persoeiro, Premio Nobel da Paz en 1964, fixo un discurso, coñecido como "Eu teño un soño",  con moita transcendencia na loita dos Dereitos Humanos. Aquí deixamos algunhas das súas frases célebres:

1- "Se soubese que o mundo rematara mañá, eu, hoxe aínda, plantaría unha árbore".

2- "Se axudo a unha soa persoa a ter esperanza,   a miña vida non sería en balde".

3- "Aprendemos a voar como os paxaros, a nadar como os peixes; pero non aprendemos a sinxela arte de vivir como irmáns".

4- "Nada no mundo é máis perigoso que a ignorancia sincera e a estupidez  con conciencia".

5- "Ninguén se nos montará enriba se non dobramos as costas".

6- "Se o home non descubriu nada polo que morrer, non é digno de vivir".

7- "Nada se esquece máis amodo que unha ofensa;  e nada máis rápido que un favor".

8- "A violencia crea máis problemas sociais que os que resolve".

9- "Unha nación que gasta máis diñeiro en armamento militar que en programas sociais achégase á morte
espiritual".

10- "Nada que un home faga o envilece máis que o permitirse caer tan baixo como para odiar a alguén".

Artigo relacionado:  "Eu teño un soño"