luns, 21 de outubro de 2013

21- Anamorfismo e anamorfose




Proposta de experimento. Clica nas imaxes pequenas de arriba á dereita e trata de ler o que pon. A primeria é algo máis doada que a segunda. Es quen den ler o texto que pon ? Se as queres ler perfectamente imprime as follas e logo pechando un ollo e véndoas case horizontalmente poderás ler correctamente o que pon nelas. Proba e verás. 


EXPLICACIÓN:

Un anamorfismo é unha distorsión visual sobre un plano que xenera unha ilusión óptica de tal xeito que só se aprecia a imaxe se se observa dende un punto de vista distinto ao habitual , con outras palabras consiste nun debuxo que só se pode reconstruír dende un punto de vista determinado, producindo asi un efecto impactante e novidoso para o ollo humano.

Diferenza entre  anamorfismo e anamorfose   :  O anamorfismo é o resultado, é dicir, o que observamos, mentres que a anamorfose é a técnica que se utiliza para crealos. Provén do grego "transformación" e este termo foi creado no século XVII aínda que a técnica xa se coñecía dende moito antes. Esta técnica pódese incluír tamén en varias ramas, entre elas a artística . O efecto basease fundamentalmente nas matemáticas e non seria posible sen ela; por iso, non é unha técnica sinxela, e os que o practican (ou practicaron) eran tan perfectos na técnica do realismo, que se permitían o luxo de realizar anamorfismos, como unha especie de "xogo" para expertos, que só moi poucos lograban conseguir. Poderíamos dicir que para dominar a técnica da anamorfose ou dos anamorfismos é necesario dominar tanto a parte artística coma a matemática sendo as dúas igual de importantes. 

Quero saber máis

Máis exemplos

Ningún comentario:

Publicar un comentario