Amosando publicacións coa etiqueta DENEP. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DENEP. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de xaneiro de 2021

Curiosidades de Rosa Parks


Actividade feita para homenaxear a Rosa Parks, persoeira elixida polas Escolas Asociadas Galegas  Unesco no DENEP deste curso 2020-21. Se queres facer ben os xogos primeiro sería mellor ler  a súa biografía (versión longa)  ou ver esta presentación (versión curta) . Outro xogo sobre Rosa Park telo neste   Brincaletras . 

sábado, 23 de xaneiro de 2021

DENEP

Logo do DENEP
 O DENEP (Día Escolar da Non-violencia E a Paz) ​  é unha xornada educativa non gobernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquino  Llorenç Vidal como punto de  partída e de apoio para unha educación non-violenta e  pacificadora de carácter permanente e practícase o 30 de xaneiro de cada ano, no aniversario da morte do  Mahatma  Gandhi. Nos países nos que o 30 de xaneiro coincide con período de vacacións pódese  practícar o 30 de marzo ou algún dos días próximos. 

Cando en 1998 a ONU proclamou o Decenio Internacional para unha Cultura da Paz (2001-2010) o  DENEP levaba xa 36 anos practicándose en centros educativos dos distintos niveis de todo o mundo.


HIMNO
Irmáns das estrelas
Irmáns das estrelas, letra de  Llorenç Vidal e música de Andreu  Bennàssar, é o himno do  DENEP. Existen, entre outros idiomas, unha versión catalá-balear do mesmo autor, unha en eúscaro realizada por Martín  Goenaga  Irastorza, unha en  interlingua feita por  Waldson Pinheiro e unha en galaico-portugués. 

O "Día Escolar da Non-violencia e a Paz" ( DENEP), que é difundido internacionalmente, é unha actividade pedagóxica que pode ser aplicada por centros educativos dos distintos niveis, profesores e estudantes de todas as crenzas e ideoloxías que respecten os dereitos humanos.

En valenciano-catalán:  DENIP (Dia Escolar de la No-violència I la Pau). En castelán DENYP (Día Escolar de la No-violencia Y la Paz).   (Ver máis)


"IRMANS DAS ESTRELAS"
  (Ver a partitura)

Somos irmáns das estrelas,
destas  montañas do mar,
de todos os seres vivos,
dámonos para cantar as mans nosas,
 escolantes de amor.
Non violencia e paz,
non violencia e paz.

Sen diferenzas de raza
de lingua nin de opinión,
nunha aperta tenra,
dámonos co corazón nosos peitos,
coa forza do amor.
Non violencia e paz,
non violencia e paz.

Os defensores da vida
sen armas para matar,
os cidadáns deste mundo
dámonos para espallarnos,
o alento mensaxeiro de amor.
Non violencia e paz,
non violencia e paz.

mércores, 11 de xaneiro de 2017

Fatima Mernessi - Proposta para traballar o Día da Paz 2017 nas Escolas Asociadas Unesco da Galiza

Fátima Mernessi
(Fátima ou Fatema Mernissi; Fes, 1940) Escritora marroquí, unha das voces máis relevantes da intelectualidade do mundo árabe e unha autoridade mundial en estudos coránicos. Fátima Mernissi naceu en 1940 nun harén. Pertencía a unha familia acomodada, dona de grandes extensións de terra e fiel ás tradicións.   (Ver Citas) -  (Discurso da Entrega do Premio Principe de Asturias ás Letras 2013)
A infancia de Mernissi son recordos dun patio cadrado rodeado de columnas de mármore e azulexos e cunha fonte no centro. Catro enormes salóns abríanse a este espazo: o da súa familia, o da avoa paterna, o dos seus tíos e os seus sete primos e, por último, a sala onde os homes comían, escoitaban as noticias na radio, pechaban negocios e xogaban ás cartas. No piso superior habitaban as tías divorciadas e viúvas cos seus fillos. Todas as xanelas abríanse ao patio. Ningunha daba á rúa.
Nesta ampla vivenda pechada ao exterior non había eunucos nin escravos nin belas mulleres reclinadas voluptuosamente: o harén imperial otomán que chegou a Occidente a través da pintura e as películas desapareceu en 1909. No seu lugar quedou o harén doméstico como o que Fátima Mernissi viviu na súa infancia e describiu máis tarde en "Sueños en el Umbral".  "Memorias dunha nena do harén " (1994), foi a súa única obra narrativa e unha das máis aclamadas pola crítica internacional.

Filla e neta de mulleres analfabetas, Fátima Mernissi falou só árabe ata os vinte anos. Decidida a traspasar, entre outras, a barreira do idioma, non só aprendeu varias linguas senón que case nunca escribiu na propia. Ata a guerra do golfo Pérsico, en 1991, escribiu en francés. Desde entón, cun sentido pragmático, falou en inglés.

Mernissi licenciouse en ciencias políticas en Marrocos e proseguiu os seus estudos cunha bolsa na Universidade da Sorbona, en París. Máis tarde, obtivo o doutoramento en socioloxía na Universidade de Brandeis (Estados Unidos) e, de volta ao seu país, pasou a exercer de profesora na Universidade de Mohamed V de Rabat e dedicouse á investigación no Centre Universitaire da Recherche Scientifique da capital marroquí. Tamén nesa cidade dirixía un Taller de Escritura.

Defensora dos dereitos da muller

mércores, 21 de xaneiro de 2015

mércores, 5 de febreiro de 2014

Vídeo do Encontro "Ágora de Paz" das Escolas Asociadas Unesco - 2014


No vídeo, gravado no CEP Campolongo, está recollido o 1º Encontro virtual da "Ágora de Paz", coas presentacións das diferentes Escolas Asociadas Unesco, unha de Euskadi, outra de Principado de Andorra, outra de Sevilla ... e varias galegas, IES Pedra da Auga, IES Pazo da Mercé, IES Seoane, CEIP Isidora Riestra, CEP Campolongo ...
Todas fixemos un resumo do traballado nas Escolas no DENIP  (Día Escolar da Non Violencia e da Paz). Este ano estivo centrado na figura do recente falecido Nelson Mandela.

Ver algunhas das fotos do CEP Campolongo.

Ver a gravación enteira ofrecida pola Universidade de Vigo 

Gravación do encontro Ágora de Paz 2014

Clicando na imaxe poderás ver o evento enteiro da Ágora de Paz virtual que se celebrou o 30 de xaneiro de 2014 entre varias Escolas Asociadas Unesco de varias comunidades. A gravación é integra, por iso veranse tamén os fallos de son e de sincronización que houbo no acto.
A minutaxe é a seguinte, máis ou menos: