Fai 50 anos, en 1963, este persoeiro, Premio Nobel da Paz en 1964, fixo un discurso, coñecido como "Eu teño un soño", con moita transcendencia na loita dos Dereitos Humanos. Aquí deixamos algunhas das súas frases célebres:
1- "Se soubese que o mundo rematara mañá, eu, hoxe aínda, plantaría unha árbore".
2- "Se axudo a unha soa persoa a ter esperanza, a miña vida non sería en balde".
3- "Aprendemos a voar como os paxaros, a nadar como os peixes; pero non aprendemos a sinxela arte de vivir como irmáns".
4- "Nada no mundo é máis perigoso que a ignorancia sincera e a estupidez con conciencia".
5- "Ninguén se nos montará enriba se non dobramos as costas".
6- "Se o home non descubriu nada polo que morrer, non é digno de vivir".
7- "Nada se esquece máis amodo que unha ofensa; e nada máis rápido que un favor".
8- "A violencia crea máis problemas sociais que os que resolve".
9- "Unha nación que gasta máis diñeiro en armamento militar que en programas sociais achégase á morte
espiritual".
10- "Nada que un home faga o envilece máis que o permitirse caer tan baixo como para odiar a alguén".
Artigo relacionado: "Eu teño un soño"
Ningún comentario:
Publicar un comentario