domingo, 13 de outubro de 2013

20 - Monicreque equilibrista


PRECISAMOS: un bote de plástico cilíndrico con tapadeira, un anaco de arame, algunhas porcas, alicates e un monicreque de papel.

PROCESO:  En primeiro lugar facemos un par de buracos no centro da base e da tapadeira do bote de plástico. Logo metemos un arame recto que está curvado polo punto medio e que leva suspendida unha carga (por exemplo unhas porcas). Finalmente colocamos a tapadeira do bote, dobramos os dous anacos de arame de maneira que queden en posición vertical e, para rematar, pegamos o monicreque de papel nos extremos do arame. Se se  fai rodar o bote,  o monicreque oscila pero recupera a posición vertical.

EXPLICACIÓN:  O peso colocado na parte da  curva do arame fai que, ao mover a figura, recupere a posición vertical para manter o centro de gravidade o máis baixo posible. Para que o noso equilibrista funcione é necesario que o peso do arame e do monicreque sexa menor que o peso que colocamos na  parte  curva do arame.

Ningún comentario:

Publicar un comentario