xoves, 3 de outubro de 2013

3- Vaso que non cae pegado a un globo



Experimento que trata da teoría cinética dos gases.

PRECÍSASE:  Un vaso de cristal, un recipiente con auga, unha vela e un globo.

PASOS: En primeiro lugar enchemos o globo de aire, acendemos a vela e logo colocamos o vaso boca abaixo sobre a chama da vela. Pasado un minuto apartamos o vaso da vela, dámoslle a volta e colocamos encima o globo. Apertamos lixeiramente o globo sobre o vaso e logo metemos o vaso no recipiente con auga. Ao soltar o vaso e levantar o globo vemos que o globo quedase pegado ao vaso.

EXPLICACIÓN: A chama da vela quenta o aire atrapado no interior do vaso (e o propio vaso). Ao colocar o globo sobre o vaso e empuxar lixeiramente impedimos que ao aire salga ou entre do vaso. Pero ao meter o vaso no recipiente con auga, o aire atrapado no vaso arrefríase e diminúe a presión. Para rematar, o globo métese lixeiramente no interior do vaso, empuxado pola diferenza de presión, quedando firmemente unido ao vaso.

Ver máis experimentos.




  Sacado de fq-experimentos caseiros de física e química

1 comentario: