xoves, 3 de outubro de 2013

4- Como atravesar un globo cunha agulla sen que estoupe?



Para facer o experimento necesitamos unha agulla metálica (ou un pauciño de madeira), un globo e un pouco de aceite.


PASOS: 1 Infla o globo 2 Unta a agulla con aceite. 3 Cun lixeiro movemento xiratorio, insire a agulla preto do nó do globo. 4 Saca a agulla polo extremo oposto ao nó. Con coidado é posible atravesar o globo coa agulla sen que estoupe.



Explicación:  A membrana elástica do globo non ten unha tensión uniforme. Cerca do nó e no extremo oposto a tensión é menor. Por este motivo pódese inserir a agulla sen que explote o globo. Ao retirar a agulla o globo desínflase lentamente ao saír o aire polos dous buracos. O aceite axuda a deslizar a agulla.


Ver máis experimentos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario