mércores, 23 de outubro de 2013

Cales son as prioridades da Rede-PEA e da UNESCO?


As escolas afiliadas á redPEA adoitan escoller actividades vinculadas ás prioridades da UNESCO e as Nacións Unidas, tales como a paz, a pobreza, a fame, o VIH e a SIDA, a contaminación ambiental, o cambio climático, o analfabetismo, a identidade cultural, as cuestións de xénero, traballo infantil, etc. 


A celebración de Días e Anos Internacionais ofrece tamén aos estudantes a oportunidade de debater temas relacionados co contexto local e mundial. 

Este tema de estudo axuda aos alumnos a:

- Comprender as dimensións local, nacional e internacional dos problemas, nunha sociedade cada vez máis complexa e mundializada 

- Familiarizarse co sistema das Nacións Unidas 

- Adquirir conciencia sobre a importancia da cooperación internacional na procura de posibles solucións 

Exemplos de actividades da redPEA sobre temas de interese mundial:

Semana da Educación para Todos

Unha campaña mundial de promoción organizada todos os anos en abril

Ningún comentario:

Publicar un comentario