Amosando publicacións coa etiqueta Música b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Música b>. Amosar todas as publicacións
luns, 23 de marzo de 2020
xoves, 3 de marzo de 2016
martes, 1 de marzo de 2016
domingo, 27 de setembro de 2015
venres, 30 de xaneiro de 2015
domingo, 5 de outubro de 2014
Proxecto Cantando polo Mundo
O Proxecto Cantando polo Mundo, desenvolvido polo Colexio Magno (Brasil)e aberto ás Escolas Asociadas da UNESCO.
O proxecto ten como obxectivo ampliar a aprendizaxe dos xogos das diferentes culturas, e o repertorio musical e cultural destes, de maneira que os alumnos poidan coñecelos por medio do intercambio entre escolas de diferentes países.
Suxerimos algunhas accións específicas:
Gravación dun video co grupo de alumnos elixido, cantando e realizando un xogo popular co obxectivo de presentalo ao noso grupo de alumnos de Brasil. En resposta, o noso grupo tamén presentará un xogo típico do noso país.
A comunicación online entre os alumnos, por medio do Skype ou doutro medio dixital, para establecer sesións de integración en vivo entre eles, co fin de debater sobre diferentes aspectos das culturas dos grupos participantes.
A comunicación entre profesores, coordinadores e directores, para intercambiar sobre os aspectos pedagóxicos de cada xogo presentado e o desenvolvemento de cada traballo.
As producións finais serán publicadas nun sitio creado para esta finalidade, de forma que todo poida ser compartido entre as escolas e os países participantes.
A integración das nosas manifestacións folclóricas como tema de proxectos e vivencias na escola é moi significativa. Ofrécenos a posibilidade dun traballo de musicalización a través das mais variadas referencias culturais. Moitas características da cultura popular, como rituais de bailes e músicas forman parte do cotián escolar.
Desexamos que a súa escola poida participar neste proxecto que no seu contexto máis amplo está encravado na educación dunha cidadanía global, que é o principal obxectivo definido pola rede
internacional do PEA para a próxima década.
RESUMO
1. Elixa un grupo de estudantes entre as idades de 6 a 8.
2. Elixa un xogo con canto que é popular no seu país e apropiado para o grupo de idade indicado. Neste caso, os xogos con expresións musicais e corporais poden ser elixidos sen ningún problema
3. Gravar un video de presentación do grupo que realiza o xogo dun xeito espontáneo. O vídeo pódese producir dun xeito máis afeccionado, utilizando os medios técnicos dispoñibles na escola (por exemplo: o uso dunha cámara e / ou o teléfono móbil).
4. O profesor e / ou os estudantes poden presentar datos interesantes sobre o xogo elixido: características pedagóxicas, tales como os instrumentos musicais, os aspectos culturais, asi como citar temas importantes na rexión na que se realiza o xogo, etc.
5. O video debe ser enviado ao Colexio Magno, en Brasil, que se encargará de analizar e promover os "socios" entre as escolas interesadas no proxecto.
6. A nosa intención é formar un grupo de intercambio de aprendizaxe dos xogos dos distintos países, apreciar e compartir as nosas experiencias musicais, e, polo tanto, o fortalecemento da cidadanía e o respecto de cada país pola diversidade cultural.
7. Unha vez que a escola manifesta o seu interese e participación no proxecto, enviarase o primeiro video producido cos nosos estudantes aquí, en Brasil.
Se ten algunha pregunta ou inquietude, por favor non dubide en contactar connosco: Beto
Schkolnick/ Music Area Coordinator/ Colégio Magno / Mágico de Oz: mivota @ colmagno.com.br (o correo aquí non é o correcto, preguntarlle a Nito ).
martes, 8 de xullo de 2014
Unha noite na eira do trigo - Alumnado do IES Seoane
"Unha noite na eira do trigo" cantada polo alumnado do IES Seoane, acompañados dos Titititeiros de Poio, en homenaxe a Graciela e Maridée da Escola José Hernández de Bos Aires de Arxentina, polo ben que acolleron ó IES Seoane cando alí foron .
Unha noite na eira do trigo
Ó refrexo do branco luar
Unha nena choraba sin trégolas
Os desdés dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas decía:
Xa no mundo non teño a ninguén,
Vou morrer e non ven os meus ollos,
Os olliños do meu doce ben.
Os seus ecos de melencolía,
Camiñaban nas alas do vento
I o lamento repetía
Vou morrer e non vén o meu ben.
Lonxe dela de pé sobre a popa
Dun aleve negreiro vapor
Emigrando camiño de américa
Vai o probe e infeliz amador.
I ó mirar as xentís anduriñas
Cara a terra que deixa cruzar
Quen puidera dar volta pensaba
Quen puidera convosco voar.
Mais as aves e o buque fuxían,
Sin ouir seus amargos lamentos,
Só os ventos repetían,
Quen puidera convosco voar.
Noites craras de aromas e lúa,
Desde entón que tristeza en vós hai
Pros que viron chorar unha nena,
Pros que viron un barco marchar.
Dun amor celestial verdadeiro,
Quedou soio de bágoas a proba
Unha cova nun outeiro
I un cadavre no fondo do mar..
domingo, 6 de xullo de 2014
Madialeva no XXVII Congreso Estatal da Rede PEA UNESCO
Ver fotos do 3º día do congreso
Hoxe eiquí, mañá alá,
pasado mañá na feira,
deste modo vai pasando
esta vida pasaxeira.
Ai-e-le-le-le, ai-e-le-le-le,
Ai-e-le-le-le, ai-e-le-le-la.
Ai-e-le-le-le, ai-e-le-le-le,
Ai-e-le-le-le, ai-e-le-le-la-la
Podes fala-lo que queiras
e canta-lo que che adoite,
cando ti dis que é de día
todos pensan que é de noite.
Ai-e-le-le-le...
Ditosos os que se deitan
sen ansias en qué pensare,
érguense porque despertan
e saben que han de xantare
Ai-e-le-le-le...
Non digas que vai dereito
o cravo que torto entroue,
non digas que é carpinteiro
quen nunca táboa labroue.
Ai-e-le-le-le...
Catro cousas quere o amo
do criado que o serve:
tarde á cama, erguerse cedo,
comer pouco, estar alegre.
Ai-e-le-le-le...
Adeus, adeus que me voue,
adeus, que me quero ir,
págame a miña soldada
que non te quero servire.
Ai-e-le-le-le...
pasado mañá na feira,
deste modo vai pasando
esta vida pasaxeira.
Ai-e-le-le-le, ai-e-le-le-le,
Ai-e-le-le-le, ai-e-le-le-la.
Ai-e-le-le-le, ai-e-le-le-le,
Ai-e-le-le-le, ai-e-le-le-la-la
Podes fala-lo que queiras
e canta-lo que che adoite,
cando ti dis que é de día
todos pensan que é de noite.
Ai-e-le-le-le...
Ditosos os que se deitan
sen ansias en qué pensare,
érguense porque despertan
e saben que han de xantare
Ai-e-le-le-le...
Non digas que vai dereito
o cravo que torto entroue,
non digas que é carpinteiro
quen nunca táboa labroue.
Ai-e-le-le-le...
Catro cousas quere o amo
do criado que o serve:
tarde á cama, erguerse cedo,
comer pouco, estar alegre.
Ai-e-le-le-le...
Adeus, adeus que me voue,
adeus, que me quero ir,
págame a miña soldada
que non te quero servire.
Ai-e-le-le-le...
luns, 19 de maio de 2014
domingo, 23 de febreiro de 2014
Concertos Didácticos no CMUS Manuel Quiroga
O CMUS Manuel Quiroga , escola galega da Rede PEA UNESCO está xa a organizar os concertos didácticos deste ano. As datas serán o 23, 24 e 25 de abril, en horario de 10 ou 11:30 h (dúas sesions por dia).
O tema deste ano será "West Side Story" con musica en directo a cargo dos profesores do centro e con monicreques a cargo da compañia Viravolta.
Está destinado para alumnado de primaria, de 1º a 6º.
As peticións seran atendidas por orden de chegada ata cubrir o aforo maximo.
Todos aqueles interesados en participar enviade a petición a : cmus.pontevedra@edu.xunta.es indicando a escola, o numero e o curso dos alumnos/as, e a hora e dia elexido.
venres, 27 de decembro de 2013
"Hay unha luz" para "Amigos de Calcuta"
Escoitando esta canción podes axudar a ONG "Amigos de Calcuta" que está traballando para que as nenas da India poidan ter unha vida cunha mínima dignidade sacándoas do mundo da prostitución .
Entrar na páxina web "Amigos de Calcuta" . O seu fundador é o oriundo do sur da India Xavier Raj
martes, 1 de outubro de 2013
Reducir, Reutilizar e Reciclar
Neste vídeo de YouTube podemos ver de forma práctica e amena a importancia do bo uso dos obxectos que temos arredor.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



