Amosando publicacións coa etiqueta 2015 Ano I. do Solo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2015 Ano I. do Solo. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de novembro de 2015

Os segredos dunha presa de terra

O alumnado de 5º da nosa escola, CEP Campolongo,  exercen estes días de pequenos investigadores tratando de descubrir a que tipo de solo  e ecosistema pertencen as mostras de materiais recollidos para a investigación: terra, area, follas, bichería e incluso residuos inorgánicos- recollidas polo profesor Amancio Castro, de Vaipolorío, en sotos, praias e ríos.

Protexidos con luvas, os escolares, divididos en equipos, clasifican as mostras, aparentemente sen moita dificultade, a pesar das trampas que lle pon o profesor Castro para facerlles pensar. Os ourizos das castañas non deixan lugar a dúbidas. Proceden dun soto de castiñeiros. Pero que fai entón no medio unha folla de carballo, si non hai landras entre os restos. A conclusión á que chegan é que o vento puxo arrastrala desde unha carballeira próxima.

Outro equipo trata de identificar polo cheiro unha folla de loureiro. «Cheira a marisco», din. Efectivamente, as súas nais utilízano para cocelo e hoxe aprenderon que esta especie autóctona se dá na ribeiras dos ríos. Neste caso pertence ao ecosistema do Gafos, igual que outras follas de amieiros, vidueiros ou salgueiros que teñen sobre a mesa.

A area de praia tampouco deixa lugar a dúbidas sobre o ecosistema litoral do que procede , pero vén mesturada con outros restos que permiten intuír que hai piñeirais e eucaliptales próximos.

Con esta actividade, titulada "Os segredos dunha presa de terra", participa Vaipolorío no programa Voz Natura de La Voz de Galicia, desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, neste ano 2015  dedicado ó solo.

Ver máis fotos

Ver nova na prensa

xoves, 25 de setembro de 2014

2015 Ano Internacional do Solo

A 68ª sesión da Asemblea Xeral da ONU declara 2015 Ano Internacional dos solos (A/RES/68/232). A Organización da Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) foi encargada de implementar o Ano Internacional dos solos 2015 (AIS) no marco da Alianza Mundial polo Chan e en colaboración cos gobernos e a secretaría da Convención das Nacións Unidas de Loita contra a Desertización (CNULD). O AIS 2015 ten como obxectivo aumentar a concienciación e a comprensión da importancia do solo para a seguridade alimentaria e as funcións ecosistémicas esenciais. O sitio web do AIS é a principal plataforma para compartir información e recursos relevantes con diferentes socios. O sitio actualizarase proximamente. Invitámolo a volver visitalo para máis información. 
 Os obxectivos específicos do Ano Internacional dos solos 2015 son os seguintes:
Conseguir a plena concienciación da sociedade civil e os responsables da toma de decisións sobre a profunda importancia do chan para a vida humana; Educar o público sobre o papel crucial que desempeña o chan na seguridade alimentaria, a adaptación e a mitigación do cambio climático, os servizos ecosistémicos esenciais, a mitigación da pobreza e o desenvolvemento sostible; Apoiar políticas e accións eficaces para o manexo sostible e a protección dos recursos do chan; Promover investimentos en actividades de manexo sostible da terra para desenvolver e manter chans saudables para os diferentes usuarios da terra e grupos de poboación; Fortalecer iniciativas en relación co proceso dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a axenda post-2015; Promover unha mellora rápida da capacidade para a recompilación de información sobre o chan e a supervisión a todos os niveis (mundial, rexional e nacional).

Ver tamén 2015 Ano Internacional da Luz