Etiquetas

xoves, 26 de febreiro de 2015

Xuntanza no Pazo da Mercé - As Neves


O venres pasado 20 de febreiro celebramos no IES Pazo da Mercé de As Neves (Pontevedra) unha nova xuntanza das Escolas Galegas Asociadas á UNESCO. Puntos  máis importantes: 
1. Xuntanza en Porto.
Despois de ver como ían evolucionando os traballos deste curso, concretamos o de que escolas se apuntaban a unha pequena xornada o día 20 de marzo en Porto (Portugal) para relanzar o Proxecto Atlántico.
2- Encontro das Escolas
Púxose unha data (16 de abril, ) para un encontro  das escolas galegas nunha praia para traballar entre outros  o tema da reciclaxe. Cada escola pode levar máximo 50 alumnos. A segunda opción será o 28 de abril (no caso de que non se poidera facer na primeira por algunha razón especial)
3- Concurso Imaxina  o Atlántico. 
Proposta para levar conxuntamente este ano  2015 ó vindeiro Congreso Estatal que se celebrará na Liña da Concepción en Cadiz. O concurso é totalmente aberto ós diferentes aspectos que se poidan traballar na escola: contos, poesía , debuxo, fotografía, manualidades ...

sábado, 21 de febreiro de 2015

Joseph Nicéphore Niépce

Este ano 2015, a UNESCO, está a celebrar o Ano Internacional da Luz.  A  escola  CEP Campolongo, entre outras cousas, está investigando a vida dos inventores de traballos relacionados coa luz, neste caso temos  a Joseph Nicéphore  Niépce , que xunto con Louis Daguerre fixeron o primeiro proceso fotográfico que se coñece.

Inventos  relacionados coa electricidade

Máis sobre o ano da luz

luns, 16 de febreiro de 2015

Obra gráfica de Castelao

O día 23 de Decembro de 2011 o Consello da Xunta de Galicia declaraba Ben de Interese Cultural Inmaterial o conxunto da obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950), co fin de garantir a súa protección, difusión e investigación. Daquela, decidiuse organizar este proxecto para poder levar a cabo un estudo minucioso dunha parte da obra deste artista: a súa obra gráfica.

sábado, 14 de febreiro de 2015

Casa da Luz - Pontevedra - Edificio con Historia


A Casa dá Luz, na que os seus  arcos presiden a Praza da Verdura, foi dende 1595 matadoiro e carnizaría municipal, central eléctrica, mercado cuberto de froitas e legumes, xulgado municipal, local para bailes públicos, caixa de aforros e monte de piedade, sede do sindicato de produtores de sementes, local do servizo municipal de augas, sede da Policía Local e agora está como empresa pública "Turismo Pontevedra.  
Como central eléctrica, foi a 1ª de Galicia e a segunda de España, despois da de Girona.         Máis sobre o Ano Internacional da Luz

xoves, 5 de febreiro de 2015

Descubrimentos e Innovacións relacionadas coa electricidade no século XIX



1-1800 Volta (Italiano) Pila
2- 1849 Bourding (Francés) Turbina Gas
3- 1885 Benz (Alemán) Auto, Engra. Dif.

4- 1802 Symington (Escocés) Bote Vapor
5- 1849 Francis (US) Turbina Hidráulica
6- 1885 Daimier (Alemán) Motocicleta

7- 1824 Aspdin (Inglés) Cemento Portland
8- 1858 Siemens (Alemán) Horno p/ acería
9- 1885 Stanley (US) Transformador Elct.

10- 1828 Henrry (US) Electromagneto
11- 1864 Marcus (US) Automóvil Exp.
12- 1887 Tesla (US) Motor de Inducción

13- 1835 Talbot (Inglés) Fotografía
14- 1866 Nobel (Suizo) Dinamita
15- 1888 Eastman (US) Cámara Kodak

16- 1837 Davenport (US) Motor CD
17- 1868 Gramme (Belga) Dinámo de CD
18- 1889 Daimier (Alemán) Motor Gasolina

19- 1837 Morse (US) Telégrafo
20- 1876 Otto (Alemán) Motor 4 ciclos
21- 1892 Tesla (US) Motor CA

22- 1845 Hoe (US) Rotatíva
23- 1876 Bell (US) Teléfono
24- 1892 Morrinson (US) Auto. Eléctrico

25- 1846 Howe (US) Máquina de coser
26- 1879 Edison (US) Lámpara Incandescente
27- 1893 Tesla (US) Radio

28- 1847 Staite (Inglés) Lámpara de Arco
29- 1882 Wheeler (US) Ventilador Eléctrico
30- 1895 Diesel (Alemán) Motor Diesel