PRECISAMOS: un vaso con auga, outro con aceite e uns terróns de azucre.
PROCESO: Colocamos en cada vaso un terrón de azucre. Nuns segundos o terrón de azucre colocado no vaso con auga esborrállase. O outro terrón de azucre, colocado no vaso con aceite vexetal, non experimento cambio algún.
EXPLICACIÓN: A capacidade dunha sustancia para disolver o azucre depende da polaridade das moléculas que forman dita sustancia. Unha molécula é polar si presenta unha separación de cargas. En caso contrario dise que é apolar. A auga está formada por moléculas cunha polaridade moi grande. Pola contra, o aceite está formado por moléculas cunha polaridade moi pequena.
Unha sustancia formada por moléculas polares (por exemplo a auga) disolverá o azucre ou o sal. Pero si dita sustancia está formada por moléculas apolares (por exemplo o aceite vexetal) non será capaz de disolver o azucre.
Ver máis experimentos.
Ver máis experimentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario