venres, 27 de decembro de 2013

"Hay unha luz" para "Amigos de Calcuta"


Escoitando esta canción podes axudar  a ONG "Amigos de Calcuta" que está traballando para que as nenas da India poidan ter unha vida cunha mínima dignidade sacándoas do mundo da prostitución .

Entrar na páxina web "Amigos de Calcuta" . O seu fundador é o oriundo do sur da India  Xavier Raj

sábado, 21 de decembro de 2013

150 Aniversario da Fundación da Cruz Vermella


Ver selo (Filatelia)

Máis sobre Henri Dunant (Premio Nobel da Paz en 1901 xunto con  Frédéric Passy

Non des as costas - Loita contra a discriminación


O ano 2013 deixou unha emisión filatélica conxunta entre as Américas e a Península Ibérica, na que estes continentes e países se  solidarízan   coa Loita contra a Discriminación, emitindo un selo que leva por título "Non des as costas". Clica na imaxe para saber máis.

venres, 20 de decembro de 2013

25 Herbas Aromáticas


Aquí temos 25 das herbas aromáticas máis coñecidas das moitas que hai hoxe en día polas nosas terras.

martes, 10 de decembro de 2013

Que é a Declaración e Programa da Acción de Viena ?

A Conferencia Mundial de Dereitos Humanos celebrada en Viena en 1993 é un fito na historia das Nacións Unidas. 

A aprobación da Declaración e o Programa de Acción de Viena foi de gran axuda para os nosos esforzos encamiñados a lograr a observancia dos principios da Carta das Nacións Unidas e da Declaración Universal de Dereitos Humanos. 

Os 7.000 participantes na Conferencia superaron importantes diferenzas para elaborar un documento final convincente que puxese de relevo o carácter indivisible e interdependente dos dereitos económicos, sociais, culturais, civís e políticos, que se reforzan mutuamente.

A Declaración e o Programa de Acción de Viena reforzaron importantes principios, entre eles a universalidade dos dereitos humanos e a obrigación dos Estados de acatalos. Ademais, proclamou inequivocamente os dereitos da muller e subliñou a necesidade de combater a impunidade, inclusive  mediante a creación dunha corte penal internacional permanente.
A promoción e protección dos dereitos confirmouse como un elemento central da identidade e o propósito das Nacións Unidas, o que levou  a adoptar a crucial decisión de establecer o cargo de Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. Cada vez que eses dereitos se violan ou son  ameazados, a voz do Alto Comisionado levántase coherente, clara e resoante en favor da dignidade e a rendición de contas.

A Conferencia de Viena foi un importante fito na loita da humanidade polos dereitos humanos universais. Pero aínda queda un longo camiño  por percorrer para converter os principios en realidade. En demasiados lugares, e para demasiadas persoas, os dereitos humanos e o imperio da lei non  pasan de ser quimeras. 

Só cando a dignidade e a igualdade de dereitos inherentes de todos os membros da familia humana sexan verdadeiramente respectados poderemos confiar na existencia de liberdade, xustiza e paz neste mundo.

Con ocasión da conmemoración do vixésimo aniversario da Declaración e o Programa de Acción de Viena  redobremos os nosos esforzos para cumprir a responsabilidade colectiva de promover e protexer os dereitos e a dignidade de todas as persoas en todo o mundo.

BAN Ki-moon 

Secretario General de las Naciones Unidas

Ver toda a Declaración e Programa de Acción de Viena

domingo, 8 de decembro de 2013

Revista para as familias do alumnado


A CGEDNL (Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística) leva xa algúns anos traballando e defendendo o noso máis preciado patrimonio inmaterial, a lingua. Deixamos aquí a ligazón dunha das ferramentas que utiliza, a revista Ollos de Aula, onde se pode visualizar temas de interés relacionados co ensino.

Ver tamén a outra revista da CGEDNL con temas máis desenvolvidos, "A letra miúda"

sábado, 7 de decembro de 2013

Nelson Mandela


"Atesourei o ideal dunha sociedade libre e democrática, na que as persoas poidan vivir xuntas en harmonía e con igualdade de oportunidades. É un ideal polo que estou disposto a morrer» Nelson Mandela

Madiba  - 'avó venerable', como lle coñecían en Sudáfrica,  foi combativo toda a súa vida. Nado negro nun país dominado por brancos que practicaban a exclusión racial. E non estaba disposto a aceptalo.

27 anos da súa vida consumíronse tralos muros de cárceres sudafricanas.

O seu pecado-  Plantar cara ao réxime do Apartheid

A pesar do illamento ao que quixeron sometelo, Mandela tomou as rendas do seu destino e as do seu país.

A coherencia de Nelson Mandela  converterono nunha lenda política viva. Outros, como o Che Guevara, Mahatma Gandhi ou Martin Luther King, foron admirados por levar os seus ideais ata as últimas consecuencias, pero os seus asasinatos contribuíron ao mito, deixando á súa vez a incógnita de si sucumbisen ao poder. No caso de Mandela non hai espazo para a dúbida.

Bono (U2): «Non é só un presidente para Sudáfrica, non só para África; é un presidente para os que aman a liberdade.

A pesar dos logros alcanzados, un dos seus agoiros aínda están a acontecer:

«Pasarán moitos anos para superar os efectos destas leis racistas»

Máis artigos relacionados:

- Ver Frases de Nelson Mandela

- Ver Cronoloxía ata a súa retirada da política.

Un home sobre a area. Discurso que tiña Mandela na prisión que o animaba a seguir vivindo.

- Discurso sobre os "Sprinboks" na  película "Invictus"

- Documental "O xogador nº 16"


Martin Luther King


Traballo feito por Ainhoa e Gabriel A.V. no 50º Aniversario do Discurso "Eu teño un soño" (I have a dream) de Martin Luther King

1ª Circular Coordinadora Estatal Rede PEA Unesco - Curso 2013-14

Na 1ª  circular podemos ver:

Propostas do Proxecto "La Ruta del Olivo"

Novo Proxecto Deportivo "O deporte tamén xoga. Un proxecto compartido"

Continuamos co Patrimonio Rural: Traballando os alimentos saudables.

Continua o Proxecto: "Coñecer a rede a través de Poemas do Mundo" e "A Ruta do Esclavo"

Outros :  Proxecto Atlántico ....

O deporte tamén xoga: un proxecto com-partido

Este ano, no Congreso Estatal, en Alcoy-Orihuela, naceu un novo Proxecto Deportivo 

Titulo: O  deporte tamén xoga: un proxecto com-partido

XUSTIFICACIÓN.
O deporte hoxe en día ten unha dimensión social que excede o ámbito dos estadios ou lugares onde se practica. Esta realidade proporciónanos dúas perspectivas do mesmo ben distintas:  Por unha banda a actividade física e o deporte proporcionan as bases para un desenvolvemento equilibrado a nivel social e educativo.  Por outro, no deporte concéntranse feitos como rivalidades entre afeccionados, dopaxe, gamberrismo  extremo, amaño de partidos, apostas, comercialización, Ás veces cunha presenza moi desigual nos medios de comunicación, o que provoca un sesgo de opinión e, o que é peor, de obxectivos e metas na aprendizaxe deportiva.
Este auxe espectacular que alcanzou o deporte e a súa popularidade en todos os ámbitos aumenta a importancia da súa función educativa e fai que ás escolas da RedPEA  nos preocupe  difundir as mensaxes e ideais establecidos na Carta Internacional da Educación Física e o Deporte, que foi adoptada pola Conferencia Xeral da UNESCO en 1978, no transcurso do seu 20ª reunión.

DESTINATARIOS. Alumnos e alumnas dos centros educativos participantes, Primaria, Secundaria e outros, da Rede de Escolas Asociadas da UNESCO de España.

TEMPORALIZACIÓN.  A posta en marcha deste proxecto realizarase durante os dous próximos cursos. A súa continuidade, en canto a tempo e obxectivos, virá determinada polo conseguido nesta primeira fase.

 CONTIDOS :  Tradicionais: xogos populares, cancións, celebracións autóctonas,  Paz: actividades deportivas en torno ao día da paz, carreiras ou competicións solidarias, festas, Sostenibilidade: actividades anti consumo, elaboración e reciclado de material deportivo, aproveitamento do medio natural.  Competicións: modalidades de competicións que desenvolven valores propios da Rede, que relacionan centros dentro da mesma, Colaboracións: entre os centros da Rede ou destes con outras institucións. Outros.

PROPOSTA DE TRABALLO . Os centros que desexen participar de forma activa, comunicarano á coordinación estatal , autonómica e ao coordinador do proxecto: Antonio Serrano famisemo@terra.com  Esta comunicación incluirá, ademais dos datos do centro, o nome do responsable da participación así como un correo electrónico para o contacto.  Cada centro decidirá que contidos traballará e poñerá en común cos demais debendo comunicalo na inscrición e, elaborará algún tipo de material que permita a súa posta en común no próximo encontro.  Ao longo do curso, os centros participantes poden enviar ao coordinador as actividades que desexen para ser incluídas no catálogo de actividades que se irá elaborando e no que se incluirán despois todas as presentadas nos encontros.  Os centros que desexen organizar algún tipo de competición ou actividade deportiva con outros centros poden solicitalo ao coordinador que fará chegar a súa solicitude a todos os centros participantes.

METODOLOXÍA . Activa e participativa.  Contacto directo a través de Internet.  Participación nos encontros onde o contacto será directo e permitirá a comunicación de actividades de forma interactiva.

AVALIACIÓN.   O proxecto  avaliarase , en primeiro lugar pola súa participación.  Os centros participantes incluirán un apartado específico co desenvolvemento e valoración da actividade na súa memoria anual.  Este apartado será reenviado á coordinación que elaborará a memoria específica do proxecto.

Ver a 1ª Circular Coordinadora Estatal onde está o Proxecto

Carta Internacional de Educación Física e Deporte

A Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, reunida en Parides na súa 20.a reunión, o día 21 de novembro de 1978 (...) 

Proclama a presente Carta Internacional, a fin de poñer o desenvolvemento da educación física e o deporte ao servizo do progreso humano, favorecer o seu desenvolvemento e exhortar aos gobernos, as organizacións non gobernamentais competentes, os educadores, as familias e os propios individuos a inspirarse nela, difundila e poñela en práctica. 

Artigo primeiro. A práctica da educación física e o deporte é un dereito fundamental para todos 

Artigo 2. A educación física e o deporte constitúen un elemento esencial da educación permanente dentro do sistema global de educación 

Artigo 3. Os programas de educación física e deporte deben responder ás necesidades individuais e sociais 

Artigo 4. O ensino, o encadramento e a administración da educación física e o deporte deben confiarse a un persoal cualificado 

Artigo 5. Pura a educación física e o deporte son indispensables instalacións e materiais adecuados 

Artigo 6. A investigación e a avaliación son elementos indispensables do desenvolvemento da educación física e o deporte 

Artigo 7. A información e a documentación contribúen a promover a educación física e o deporte 

Artigo 8. Os medios de comunicación de masas deberían exercer unha influencia positiva na educación física e o deporte 

Artigo 9. As institucións nacionais desempeñan un papel primordial na educación física e o deporte 

Artigo 10. A cooperación internacional é unha das condicións previas do desenvolvemento universal e equilibrado da educación física e o deporte

Ver ligazón na páxina

venres, 6 de decembro de 2013

Lugares Patrimonio da Humanidade en España

Ver lugares do Patrimonio no Mundo

Historia da Rede Pea


Clica na imaxe para ver a Historia da Rede PEA UNESCO

A Rede PEA Unesco no Mundo


O V Congreso Galego da Rede PEA UNESCO na Prensa e na Rede

Pontevedra conmemora "60 anos educando en liberdade" das escolas asociadas á UNESCO (Pontevedra Viva)

Malabares e cancións para celebrar os 60 anos da rede de escolas asociadas á Unesco (Diario de Pontevedra)

Catorce centros galegos asociados da Unesco reúnense na cidade  (La Voz de Galicia)

A Consellería de Cultura e Educación participa na inauguración do V encontro galego de Escolas  Asociadas da UNESCO (Consellería de Educación)

150 alumnos participan de la "educación en libertad" de la red Unesco  (Faro de Vigo)

Un "soplo de aire fresco" de 60 años  (Faro de Vigo)

As doce escolas galegas asociadas á Unesco intercambiarán experiencias en Pontevedra (Pontevedra Viva)

* Recorte de prensa ...

Primeiras xuntanzas para organizar o V Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco (Unescolongo)

Programa - Vº Congreso Galego Escolas Asociadas á UNESCO  (Unescolongo)

Ver fotos

Ver experimentos

Vídeo do IES Pazo da Mercé


xoves, 5 de decembro de 2013

Vídeo de fotos do V Congreso Rede PEA Unesco feito polo IES Pazo da Mercé


Carrusel de chocolate e gasosa

Líquido en chanzos


Traballando a densidade. A fórmula para calcular a densaidad dun líquido : p= m/v (p=densidade) Ver vídeo sobre a explicación da densidade. Experimento feito polo IES Pazo da Mercé no  "V Congreso das Escolas Galegas Asociadas Unesco"

Bola ingrávida


Un dos experimento feito polo IES Pazo da Mercé durante o "V Congreso das Escolas Asociadas Unesco".
 Recordamos que:  a auga é máis densa que o aceite e este máis denso que ao alcohol. Por isto o aceite flota sobre a auga e o alcohol sobre o aceite

150 Cancións para traballar a Violencia de Xénero

http://www.valencia.es/ayuntamiento/tablon_anuncios.nsf/vDocumentosWebListado/A9AA5666F72DDA40C1257C20004087D2?OpenDocument&lang=1&nivel=3&bdOrigen=ayuntamiento/educacion.nsf

mércores, 27 de novembro de 2013

Submarinos


Experimento presentado no V Congreso Galego da Rede PEA Unesco polo IES Pedra da Auga de Ponteareas (Pontevedra)

  Ver máis experimentos

Invisibles


Experimento presentado no V Congreso Galego da Rede PEA Unesco polo IES Pedra da Auga de Pontevedra.

  Ver máis experimentos.

3º Día do V Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco


Clicando na imaxe entrarás e verás as fotos do V Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco.
Agora xa hai fotos dos tres días, 25, 26, e 27 de Novembro de 2013.

Sobre o terceiro día comentar que tivemos que esperar, algúns, un pouco a que se ensaiara a presentación das Conclusións do Congreso e a Lectura do Manifesto. Logo, cando chegaron as autoridades para clausurar o acto, interviron os grupos de Yogote xestualizando varias linguas: Francés, Alemán, Ruso, Árabe ....., de seguido as  as pandereteiras para rematar coas lecturas antes comentadas e a entrega dos diplomas para todos os congresitas.

martes, 26 de novembro de 2013

O grupo de Campolongo no V Congreso Galego da Rede PEA UNESCO


Aquí están os rapaces de Campolongo xunto cos alumnos de acollida doutros centros , IES Pazo da Mercé das Neves e IES Pedra da Auga de Ponteareas.

2º Día do V Congreso Galego da Rede PEA UNESCO


Hoxe comezamos coa "Xincana do Patrimonio do Centro Histórico de Pontevedra". Que frío facía!!! Fomos capeando o temporal, foi unha pena, de todos xeitos traballamos un montón para cubrir moitas das actividades que nos pediron. Colaboraron un montón os maiores doutros centros. Unha experiencia moi bonita a pesar do frío das primeiras horas, onde o vento ás veces quería recordarnos que xa temos o inverno enriba. Pola tarde xa foi máis doada que a de onde, os rapaces xa se movían con máis soltura polo Pazo de Cultura. Os experimentos "xa botaban fume" e os xogos non paraban. Mañá xa temos a clausura, xa remataou o traballo, leremos as conclusións e despedirémonos dos nosos compañeiros de traballo destas xornadas.

As fotos de hoxe están metidas coas de onte, pois hoxe foron bastantes menos as que se fixeron, para non repetir moito.
Ver o grupo de Campolongo

luns, 25 de novembro de 2013

Fotos e comentarios do V Congreso Galego da Rede PEA UNESCO


Clica na imaxe para ver as fotos do 1º día (25 de novembro de 2013)

A primeira xornada foi moi intensa. Tivemos que montar todo a contrarreloxo pois os taboleiros dos os experimentos  chegaron ás 09:00 h.
Despois do acto inagural, onde un grupo do IES Seoane nos deleitou cun par de cancións,  presentaron o acto diferentes  personalidades.
Rematamos a xornada matutina cun paseo pola Illa das Esculturas e xogando no parque que alí preto se encontra para ir xantar logo ó comedor do CEIP Manuel Vidal Portela.
Pola tarde xa comezaron os experimentos  e os obradoiros, palilleiras, yogote, pandereteiras, e xogos de mesa (xadrez e muíño). Este último sustituiu ó de vídeo-matón que estaba previsto pero  que houbo problemas para poñelo a andar.
Ás 19:00 h tivemos un apagón repentino de electricidade que fixo que adiantáramos o final da xornada.
Mañá comezaremos cun paseo polo Centro Histórico da nosa cidade facendo  a Xincana do Patrimonio que temos preparada.

domingo, 17 de novembro de 2013

30- Busca estas imaxes polo centro histórico de Pontevedra

29- Nome actual das rúas

28- A Ponte do Burgo - "Ponte Vetula"


27- Árbores na cidade


26- Homenaxe a Colón


25- Fontes da Cidade


24-Medidas da Muralla antiga de Pontevedra


A Ponte do Burgo e a Muralla


Porta de Santo Domingo - Torre da Bastida e Torres Arzobispais


23- Orixe mitol´xica de Pontevedra


sábado, 16 de novembro de 2013

22- Casa das Caras


21- Guerreiro Celta


20- Cubre o texto informativo sobre este Miliario de Pontevedra


19- Busca a rúa ou praza onde se atopas esta imaxes do centro histórico de Pontevedra


18- Busca e ponlle o nome da rúa ou da praza a estas imaxes de Pontevedra

17- Percorrido con mapa antigo


Ver o mapa máis grande