Amosando publicacións coa etiqueta Persoeiros UNESCO b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Persoeiros UNESCO b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 18 de abril de 2021
luns, 25 de xaneiro de 2021
Brincaletras sobre Rosa Parks
Brincaletras sobre Rosa Parks |
Eres quen de facer ben este brincaletras?
Persoeira elixida como proposta das Escolas Asociadas Unesco Galegas durante o curso 2020-21 para o DENEP
mércores, 15 de xaneiro de 2020
luns, 13 de xaneiro de 2020
venres, 6 de setembro de 2019
domingo, 22 de marzo de 2015
Aurelia de Sousa
No encontro que tivemos en Porto para relanzar o Proxecto Atlántico, estivemos na Escola Secundaria de Aurélia de Sousa. Se queres saber que era esta muller clica na imaxe.
luns, 26 de xaneiro de 2015
domingo, 18 de xaneiro de 2015
Caddy Adzuba - Frases II
Ver as frases en PDF con ligazón ós sígnos (ó entrar clica nos símbolos)
Ver máis frases de Caddy Adzuba en Yogote
Ver máis frases de Caddy Adzuba en Yogote
sábado, 4 de outubro de 2014
Clara Campoamor e o dereito ó voto das mulleres
O 1 de outro de 1931, Clara Campoamor conseguía, que a Constitución Española recoñecese o dereito ao voto das mulleres. Un gran paso no camiño da nosa liberdade e da nosa dignidade. Ese camiño segue sendo longo e tortuoso.
Curiosamente houbo nestas mesmas datas mulleres de esquerda que aínda estaban en contra do sufraxio feminino. Exemplo: Victoria Kent
Curiosamente houbo nestas mesmas datas mulleres de esquerda que aínda estaban en contra do sufraxio feminino. Exemplo: Victoria Kent
luns, 22 de setembro de 2014
Caddy Adzuba en yogote-2015
Clica na imaxe para entrar nun espazo adicado a esta loitadora dos dereitos humanos.
Artigo relacionado
xoves, 18 de setembro de 2014
Caddy Adzuba
Caddy Adzuba Premio Príncipe de Asturias á Concordia 2014 e Premio Internacional de Periodismo Julio Anguita Parrado 2009, realiza un labor arriscado e profundamente comprometido cos valores da paz e a defensa dos dereitos humanos.
Nace en Bukavu, República Democrática do Congo, en 1981. Licenciada en Dereito pola Universidade Oficial de Bukavu e membro fundadora da rede Un Altofalante para o Silencio -proxecto da Fundación Euroárabe-, Caddy Adzuba exerce o periodismo en Raio Okapi, emisora da Misión de Nacións Unidas na República Democrática do Congo -MONUC-, que emite en todo o territorio deste país.
Adzuba é membro da Asociación de Mulleres de Medios de Comunicación do Leste de Congo, grazas á cal se realizaron distintas alegacións á Corte Penal Internacional e ao Senado dos Estados Unidos, denunciando a violencia sexual que sofren as mulleres de República Democrática do Congo, un país que vive en guerra dende 1996 e no que se cifra unha media de corenta violacións diarias a mulleres dende o inicio do conflito.
Na traxectoria profesional de Caddy Adzuba, Premio Internacional de Periodismo Julio Anguita Parrado 2009, destaca o seu compromiso na defensa dos dereitos humanos e a construción da paz dende o seu labor como xornalista nun dos conflitos máis atroces do mundo, e a súa denuncia da violencia que se exerce contra as mulleres, da utilización das nenas e nenos como soldados e da defensa da liberdade de expresión.
En 2014, Caddy Adzuba recibe o Premio Príncipe de Asturias á Concordia, recoñecendo así a súa loita pola liberdade de prensa, a reconstrución da paz e os dereitos humanos, especialmente os da infancia e as mulleres en zonas de conflito. A súa denuncia, a través do periodismo, das torturas e violacións das que son vítimas as mulleres e as nenas congolesas e o seu traballo pola reinserción destas mulleres nunha sociedade na que son repudiadas, por este feito.
luns, 30 de xuño de 2014
Proxecto Coeducativo "Donas de si"
Traballo feito polo IES Pedra da Auga como proxecto de Igualdade dentro da Rede PEA UNESCO. Trata da visualización da muller na nosa sociedade a partir de Pardo Bazán.
venres, 11 de abril de 2014
Sesións do CEP Campolongo no programa "Dálle a lingua" de Onda Cero Radio - 2014
Clica na imaxe para escoitar os 10 programas grabados de "Dalle a lingua" con Onda Cero Radio durante o curso 2013-14.
Ver a estructura do programa (Guión)
Tamén os temos grabado en vídeo:
Sesión nº 2 Sesión nº 7Ver a estructura do programa (Guión)
Tamén os temos grabado en vídeo:
Sesión nº 3 Sesión nº 8
Sesión nº4 Sesión nº 9
Sesión nº5 Sesión nº 10
Plantilla dos programas (guión)
Ver os programas doutros centros de Pontevedra
domingo, 9 de marzo de 2014
sábado, 8 de marzo de 2014
Mulleres que fixeron historia
Se clicas na imaxe verás unha morea de biografías de mulleres que fixeron historia. Debaixo unha pequena actividade de investigación.
Webquest sobre mulleres que fixeron historia
Artigo relacionado:
Mulleres matemáticas
venres, 27 de decembro de 2013
"Hay unha luz" para "Amigos de Calcuta"
Escoitando esta canción podes axudar a ONG "Amigos de Calcuta" que está traballando para que as nenas da India poidan ter unha vida cunha mínima dignidade sacándoas do mundo da prostitución .
Entrar na páxina web "Amigos de Calcuta" . O seu fundador é o oriundo do sur da India Xavier Raj
sábado, 21 de decembro de 2013
sábado, 7 de decembro de 2013
Nelson Mandela
"Atesourei o ideal dunha sociedade libre e democrática, na que as persoas poidan vivir xuntas en harmonía e con igualdade de oportunidades. É un ideal polo que estou disposto a morrer» Nelson Mandela
Madiba - 'avó venerable', como lle coñecían en Sudáfrica, foi combativo toda a súa vida. Nado negro nun país dominado por brancos que practicaban a exclusión racial. E non estaba disposto a aceptalo.
27 anos da súa vida consumíronse tralos muros de cárceres sudafricanas.
O seu pecado- Plantar cara ao réxime do Apartheid.
A pesar do illamento ao que quixeron sometelo, Mandela tomou as rendas do seu destino e as do seu país.
A pesar do illamento ao que quixeron sometelo, Mandela tomou as rendas do seu destino e as do seu país.
A coherencia de Nelson Mandela converterono nunha lenda política viva. Outros, como o Che Guevara, Mahatma Gandhi ou Martin Luther King, foron admirados por levar os seus ideais ata as últimas consecuencias, pero os seus asasinatos contribuíron ao mito, deixando á súa vez a incógnita de si sucumbisen ao poder. No caso de Mandela non hai espazo para a dúbida.
Bono (U2): «Non é só un presidente para Sudáfrica, non só para África; é un presidente para os que aman a liberdade.
A pesar dos logros alcanzados, un dos seus agoiros aínda están a acontecer:
«Pasarán moitos anos para superar os efectos destas leis racistas»
Máis artigos relacionados:
- Ver Frases de Nelson Mandela
- Ver Cronoloxía ata a súa retirada da política.
- Un home sobre a area. Discurso que tiña Mandela na prisión que o animaba a seguir vivindo.
- Discurso sobre os "Sprinboks" na película "Invictus"
- Documental "O xogador nº 16"
Máis artigos relacionados:
- Ver Frases de Nelson Mandela
- Ver Cronoloxía ata a súa retirada da política.
- Un home sobre a area. Discurso que tiña Mandela na prisión que o animaba a seguir vivindo.
- Discurso sobre os "Sprinboks" na película "Invictus"
- Documental "O xogador nº 16"
Martin Luther King
Traballo feito por Ainhoa e Gabriel A.V. no 50º Aniversario do Discurso "Eu teño un soño" (I have a dream) de Martin Luther King
sábado, 12 de outubro de 2013
Nelson Mandela "O Xogador Nª 16"
Clica na imaxe para ver un documental de Nelson Mandela (50`) sobre a súa loita por acadar un irmanamento entre negros e brancos despois de ser abolido o Apartheid.
Máis sobre Nelson Mandela.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)