Amosando publicacións coa etiqueta 2016 Ano Internacional das Legumes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2016 Ano Internacional das Legumes. Amosar todas as publicacións

xoves, 2 de xuño de 2016

Legumízate - 2016 Ano Internacional das Legumes


Escolas que colaboraron o conto: CEIP Parada de Campañó  / CEP Campolongo / CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez / EEI Verducido  /  CEP Marcos da Portela.
Este luns 23 de maio  teremos o Contacontos que nos vai presentar  esta historia   e algunha do maís do seu peto.

Artigos relacionados:    "2016 Ano Internacional dos legumes"
Como nos organizamos?
Ver fotos dos Contacontos Enrique Mauricio e Carlos Taboada 

mércores, 18 de novembro de 2015

Que son os legumes e por que son importantes?

Os legumes son cultivos leguminosos anuais que producen entre un e doce grans ou sementes de tamaño, forma e cor variables dentro dunha vaina, os que se utilizan para alimento e forraxe. O  termo legumes  limítase aos cultivos cultivados de maneira exclusiva para gran seco, polo que quedan excluídos os cultivos cultivados verdes para alimento, que se clasifican como hortalizas, así como os cultivos utilizados principalmente para a extracción de aceite e os cultivos leguminosos, que se utilizan exclusivamente para fins de sementa (baseado na definición de ?legumes e produtos derivados? da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura).

Os cultivos leguminosos como as lentellas, as fabas, os chícharos e os garavanzos son un elemento fundamental do cesto de alimentos. Os legumes son unha fonte esencial de proteínas e aminoácidos de orixe vexetal para a poboación de todo o mundo, e débense consumir como parte dunha dieta saudable para combater a obesidade e previr e axudar a controlar enfermidades como a diabetes, as afeccións coronarias e o cancro; tamén son unha importante fonte de proteína de orixe vexetal para os animais.

Ademais, os legumes son plantas leguminosas que teñen a propiedade de fixar o nitróxeno, o que pode contribuír a aumentar a fertilidade do chan e que teñen efectos positivos no medio ambiente

Artigo relacionado:

2016 Ano Internacional dos Legumes

2016 Ano Internacional das legumes

O Ano Internacional dos Legumes 2016 proponse sensibilizar á opinión pública sobre as vantaxes nutricionais dos legumes como parte dunha produción de alimentos sustentable encamiñada a lograr a seguridade alimentaria e a nutrición. O Ano brindará unha oportunidade única de fomentar conexións ao longo de toda a cadea alimentaria para aproveitar mellor as proteínas derivadas dos legumes, incrementar a produción mundial de legumes, utilizar de maneira máis apropiada a rotación de cultivos e facer fronte aos retos que existen no comercio de legumes.

Que son os legumes?

Máis información na FAO