luns, 28 de outubro de 2013

23 de outubro. Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia


 "só unha de cada mil lápidas están escritas en galego e un 2% das notas necrolóxicas, redactadas no noso idioma".

"En galego, agora e sempre".  A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística xuntou baixo este lema hai poucos días ao Goberno galego e ás principais organizacións políticas e sindicais do país. Reunidos en San Domingos de Bonaval, sede do Panteón de Galegos Ilustres, os representantes gobernamentais, políticos e sociais asumiron o compromiso de restaurar a "memoria lingüística" do país a través do que debería ser un dos seus trazos máis significativos: o idioma.

Os participantes acordaron conmemorar o 23 de outubro como Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario