O preámbulo da Constitución da UNESCO proclama que "posto que as guerras nacen na mente dos homes, é na mente dos homes onde deben erixirse os baluartes da paz".
Desde os seus inicios, as Escolas Asociadas da UNESCO realizaron actividades de promoción da paz e os dereitos humanos, a tolerancia e a cidadanía democrática, en particular mediante a educación.
A educación relativa aos dereitos humanos promove un enfoque do ensino baseado nos dereitos que inclúe tanto "os dereitos humanos mediante a educación" como "os dereitos humanos na educación". Este enfoque entraña:
- A aprendizaxe sobre os dereitos humanos e a práctica dos dereitos humanos mediante unha combinación de estratexias pedagógicas cognitivas, creadoras e innovadoras.
De conformidade co estipulado na Declaración Universal de Dereitos Humanos (1948) e a Convención Internacional sobre os Dereitos do Neno (1989), as Escolas Asociadas da UNESCO realizan proxectos orientados a integrar a educación relativa aos dereitos humanos no proceso de aprendizaxe.
O Día dos Dereitos Humanos (10 de decembro) conmemórase en numerosos centros educativos afiliados á redPEA.
Obxectivos
As actividades relativas á paz e os dereitos humanos teñen por obxecto:
- Eliminar todas as manifestacións de racismo, xenofobia, marxinación, discriminación e intolerancia
- Fortalecer a educación para a democracia, a responsabilidade cívica, o pensamento crítico, a tolerancia e a solución non violenta dos conflitos
- Sensibilizar sobre os dereitos humanos na teoría e a práctica, concienciar aos alumnos sobre os seus propios dereitos e responsabilidades, comprendidos os dos demais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario