Amosando publicacións coa etiqueta Curso 15-16 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 15-16 b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 29 de outubro de 2016
Conclusíóns do XXIX Congreso Estatal da Rede de Escolas Asociadas Unesco (REAU)
Conclusións de Cultura de Paz
Conclusións de Patrimonio
Conclusións de Sostenibilidade (Proposta de Traballo)
venres, 15 de xullo de 2016
Fotos - XXIX Encontro Estatal de Escolas Asociadas da UNESCO - Cuenca
domingo, 3 de xullo de 2016
venres, 17 de xuño de 2016
Panel de Experiencias- 2016 do CEP Campolongo para o Congreso de Cuenca
Ver máis na Etiqueta Congresos Estatais de REGAU
Xunto con este panel presentaremos en Comunicacións, e dentro de Patrimonio, o vídeo da Camelia
Ver a xustificación teórica da Comunicación.
Xunto con este panel presentaremos en Comunicacións, e dentro de Patrimonio, o vídeo da Camelia
Ver a xustificación teórica da Comunicación.
xoves, 16 de xuño de 2016
luns, 6 de xuño de 2016
Xornada Atlántica - 2016
As Escolas Asociadas Unesco Galegas , tiveron a sorte, de celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño) en xornada de convivencia nun bosque cheo de secuoias. Organizáronse unhas actividades no chamado "Bosque de Colón", en Arís, preto da Escusa - Poio, Estas, 500, trouxéronas os americanos no ano 1992, para conmemorar o 500 aniversario do Descubrimento de América. Con xa 25 anos están feitas unhas "boas mozas". No 2006 estiveron a punto de padecer un dos grandes incendios de Poio, por sorte os veciños de Poio conseguiron atallalo.
Pola mañá comezamos pintándonos cada grupo, como actividades de presentación e integración , pois estabamos todos repartidos. Logo cada grupo fixo unha composición artística co material que había no contorno. Outros tamén fixemos unha xogo de pistas agochadas ou esparcidas pola contorna. Estas actividades foron , preto das secuoias, no merendeiro, nel atopamos carballos, castiñeiros, loureitos reais, érvedos, estraloques, falsa árnica, carpazas, dentes de león, e tamén, por que non, bosta de cabalo e silvas. Rematamos co intercambio de árbores entre as escolas. Nós agasallamos unha Camelia japónica `Caramuxiña´(ver listado de Viveiros Moreira) que lle tocou ó CEIP Márcos da Portela, e a nós agasalláronos cunha "Secuoia" o IES Seoane. Ás 13: 30 h os CEIP Manuel Vidal Portela e Campolongo marcharon. Os demais continuarón ata ás 16: 30 h máis ou menos e continuaron coa programación, que foi a de xantar e logo ver e xogar coa intervención artística que fixeron os maiores pola mañán. Esta foi organizadas polo alumnado do IES Pedra da Auga . Fixeron unha intervención artística con cordas tecendo primeiro en sentido horizontal entre as secuoias; As redes que conectan as secuoias (simbolizando aos pobos de América) son collidas polos nenos e profesores (simbolizando aos pobos desta beira do Atlántico); logo en sentido vertical con forma de teas de araña típicas, presentes a ambos lados do Atlántico, como metáfora do desexo de atrapar a esencia e o espíritu desta xornada para que perdure no bosque e nas nosas conciencias. Remataron explicándonos a finalidades desta obra efímera e agasalláronos cun cómic feito para a ocasión, "Atlantiña".
Ver máis fotos
xoves, 2 de xuño de 2016
Legumízate - 2016 Ano Internacional das Legumes
Escolas que colaboraron o conto: CEIP Parada de Campañó / CEP Campolongo / CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez / EEI Verducido / CEP Marcos da Portela.
Este luns 23 de maio teremos o Contacontos que nos vai presentar esta historia e algunha do maís do seu peto.
Artigos relacionados: "2016 Ano Internacional dos legumes"
Como nos organizamos?
Ver fotos dos Contacontos Enrique Mauricio e Carlos Taboada
Artigos relacionados: "2016 Ano Internacional dos legumes"
Como nos organizamos?
Ver fotos dos Contacontos Enrique Mauricio e Carlos Taboada
luns, 16 de maio de 2016
venres, 13 de maio de 2016
Declaración Universal da UNESCO sobre a Diversidade Cultural (Celebración o 21 de Maio)
Clica na imaxe para ver a Declaración.
Ver a mensaxe da Directora Xeral da Unesco, Irina Bokova, no Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento.
Circular Estatal Nº 7 -Maio 2016
Artigo relacionado "Declaración Universal da Unesco sobre a Diversidade Cultural"
Ler a mensaxe da Directora Xeral da Unesco, Irina Bokova, sobre o Día da Diversidade Cultural ...
Ler a mensaxe da Directora Xeral da Unesco, Irina Bokova, sobre o Día da Diversidade Cultural ...
Circular informatíva estatal nº 6 - "La ruta des Esclavo"
Ver tamén Suxerencias e propostas de Traballo . Nas suxerencias aparecen moitas ligazóns relacionados, xuntos cos Días internacionais para incluir esta temática.
xoves, 5 de maio de 2016
martes, 26 de abril de 2016
sábado, 23 de abril de 2016
Mensaxe da Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, con motivo do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor

Non hai nada como un libro. Un libro é un vínculo entre o pasado e o futuro. É unha ponte entre xeracións e entre culturas. É unha forza para crear e compartir a sabedoría e o coñecemento.
Frank Kafka dixo unha vez: " Un libro debe ser un machada para romper os mares conxelados dentro da nosa alma" .
Xanelas á nosa vida interior, os libros son tamén a porta á comprensión e o respecto entre os pobos, máis aló das fronteiras e as diferenzas. En todas as súas formas, os libros encarnan a diversidade do enxeño humano, dando corpo á riqueza da experiencia humana, verbalizando a procura de sentido e de expresión que comparten todas as mulleres e todos os homes, que fai avanzar a todas as sociedades. Os libros contribúen a unir á humanidade como unha soa familia, compartindo un pasado, unha historia e un patrimonio, para forxar un destino común onde todas as voces sexan escoitadas no gran coro das aspiracións humanas.
No Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en colaboración coa Unión Internacional de Editores, a Federación Internacional de Libreiros e a Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios e Bibliotecas, isto é o que celebramos: o poder dos libros para fomentar a creatividade e promover o diálogo entre as mulleres e os homes de todas as culturas. Dou as grazas a Wroclaw (Polonia), Capital Mundial do Libro 2016, polo seu compromiso coa difusión desta mensaxe en todo o mundo.
Isto nunca foi máis importante, nun momento en que a cultura é obxecto de ataques, en que a liberdade de expresión se ve ameazada e en que a diversidade afronta un auxe da intolerancia. En tempos revoltos, os libros representan a capacidade humana de evocar mundos reais e imaxinarios e expresalos en palabras de entendemento, diálogo e tolerancia. Son símbolos de esperanza e de diálogo que debemos valorar e defender.
William Shakespeare morreu o 23 de abril de 1616, só un día despois que Cervantes. Neste día, fago un chamamento a todos os asociados da UNESCO para compartir esta mensaxe: os libros teñen o poder de contrarrestar o que Shakespeare chamou «a maldición común do xénero humano, a necedad e a ignorancia».
sábado, 2 de abril de 2016
luns, 21 de marzo de 2016
XIV Exposición da Camelia no CEP Campolongo
Todo e máis na etiqueta "XIV Exposición "
luns, 14 de marzo de 2016
venres, 4 de marzo de 2016
Circular Nº1 - XXIX Encontro Estatal Escolas Asociadas Unesco - Cuenca
- Circular Nª 1
- Presentación, Plan de acción
- Programa
- Solicitude de Participación
- Presentacións das Comunicacións
- Paneis de Experiencias
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

