xoves, 27 de marzo de 2014

Agricultura Familiar

Clica na imaxe e verás o traballo feito por Belén e Carolina de 5ºC , do CEP Campolongo, durante o curso 2013-14 (Ano Internacional da Agricultura Familiar)

sábado, 22 de marzo de 2014

xoves, 13 de marzo de 2014

As Escolas Asociadas á Unesco "Danlle a lingua"

Este xoves 13 de marzo, no CEP Campolongo,  estivemos traballando coa nosa lingua, parte imprescindible do Patrimonio Inmaterial.
Gravamos 10 sesións para o programa  "Dalle a lingua" de Onda Cero Radio.
Os nosos  programas  serán emitidos a partir deste vindeiro luns 17 ata 28 de marzo. (10 días). Entre 11:50-12:00. A frecuencia para escoitar   é FM 103.6     (VELOS XA)

A estructura ou plantilla  do CEP Campolongo  foi a seguinte:

1- Presentador/a
2- Persoeiros das rúas de Pontevedra  (curso 2012-13).  Ver curso 2013-14 (Blog de E. Física)
3- Cita de Nelson Mandela.     Ver máis citas (Unescolongo)
6- Adiviñas dos alimentos. (Campolongoteca)
Ver fotos do CEP  Campolongo
Despois do 28 de marzo  porán na páxina web de Onda Cero os audios de todos os programas.  Se queres xa podes escoitar as sesións doutros centros que xa participaron neste curso, algúns deles son tamén da Rede PEA Unesco (*):
*CEP Marcos da Portela           
CEIP Froebel                            IES Sánchez Cantón

XXVI Congreso Estatal Rede Pea UNESCO - Xuntanza no CEIP Manuel Vidal Portela

Nova xuntanza para informar e seguir preparando o XXVII Congreso Estatal da Rede PEA UNESCO. 
A xornada fixémola no CEIP Manuel Vidal Portela.  Entre outras cousas  comentouse :
- A data límite para apuntarse as escolas ó Congreso é a do 16 de marzo.
- Os traballos que se están a facer nas diferentes escolas.
- Como novidade este ano o formato das presentacións no Congreso vai a ser diferente, podendo todos os participantes presenciar todos os traballos das diferentes temáticas traballadas na Rede ( Patrimonio , Cultura de Paz e Desenvovemento Sostible).
- As Escolas Galegas repetiremos tamén o formato de entrega dos traballos, expoñendo conxuntamente as temáticas xeneralizadas deste curso, como son cuestión relacionadas coa Agricultura Familiar, con Nelson Mandela e con Rosalía de Castro.
- Que tanto o  Concello de Pontevedra, como o de Poio e a Xunta están dispostos a colaborar como patricinadores no Congreso.
- Que se está  pendente doutros patrocinadores, como poden ser a Diputación de Pontevedra .... 
- O Hotel de acollida para os visitantes será o Rías Baixas, que ten as súas limitacións de espazo nos comedores.
- Que teremos dúas  visitas guiadas sobre o Patrimonio, unha por Pontevedra e outra  por Poio (Combarro). 
- Que a última visita de Patrimonio será a Lugo.
- Que se concertará un xuntanza  para as ANPAS das Escolas Asociadas Galegas, o próximo 27 de marzo, as 16:30 h, no IES Seoane,  para informar do Congreso  e ver as súas posibilidades de colaboración no mesmo.
- Rematouse a xuntanza coa organización da Ágora de Paz en Yogote para o Día da Poesía, que se celebrará este 24 de marzo, pola mañá, en inglés (escolas de Europa, Asia e África) e pola tarde, as linguas latinas (escolas europeas e americanas).



sábado, 8 de marzo de 2014

Mulleres que fixeron historia


Se clicas na imaxe verás unha morea de biografías de mulleres que fixeron historia. Debaixo unha pequena actividade de investigación.

Webquest sobre mulleres que fixeron historia

Artigo relacionado:
Mulleres matemáticas

Lisístrata

Unha das primeiras referencias que se teñen sobre a reivindicación da igualdade da muller é a obra literatia grega  Lisístrata. Esta muller converteuse nun símbolo do esforzo organizado e pacífico en favor da paz. 
Lisístrata é unha comedia teatral escrita polo dramaturgo da Grecia clásica Aristófanes. Lisístrata (que significa "a que disolve os exércitos"), é a muller dun soldado ateniense, que cansa das continuas guerras entre Atenas, Esparta e outras polis gregas, reúne ás mulleres de ámbolos dous bandos e proponlles iniciar unha folga de tipo sexual. A idea non gusta en principio, pero logra convencer a tódalas mulleres da Polis para que non copulen cos seus esposos ata que se chegue a un acordo de paz. Ó final da obra, os homes, faltos de sexo, deciden deixar de loitar, firman a paz e poñen fin á folga de pernas cruzadas das súas mulleres.

Ver mulleres que fixeron historia

Ano Internacional da Agricultura Familiar

xoves, 6 de marzo de 2014

Homenaxe da Directora Xeral da UNESCO a Nelson Mandela

"A UNESCO ten o orgullo e o honor de contar con Nelson Mandela como membro da nosa familia" , declarou a Directora Xeral. A mellor homenaxe que lle podemos render é levar por bandeira a súa mensaxe de esperanza e seguir defendendo os valores polos que loitou sen descanso"

sábado, 1 de marzo de 2014

Praguicidas e saúde

Denomínase praguicida a toda sustancia de orixe natural ou sintético, capaz de accionar eliminando ou diminuíndo a poboación de herbas, insectos, roedores e ácaros capaces de mermar a produción de alimentos ou transferir enfermidades aos seres humanos.

A era  da loita química contra os parásitos, o uso dos pesticidas comezou en 1763, cando a un granxeiro se lle ocorreu  a idea de utilizar a nicotina como insecticida con bos resultados.

O primeiro praguicida, o DDT, foi presentado como o produto capaz de acabar dunha vez con todas a pragas, ademais de ser inocuo para os seres humanos . Foi tal o seu promoción que ao seu descubridor, o investigador suizo A.Müller, foille outorgado o Premio Nobel.

A pouco de estenderse a súa utilización no control de pragas en cultivos comerciais ou en poboacións de refuxiados da post-guerra, comezáronse a observar dous efectos non desexados deste produto: a aparición de moscas domésticas resistentes ás doses normais de plaguicidas e os primeiros casos de intoxicaciones agudas (os efectos crónicos tardarían en chegar).

Anos máis tarde apareceron outros insecticidas con estrutura química similar ao DDT (clorados).

A practicidade da súa aplicación, custo reducido, efectividade e aparente inocuidade, deixaron o terreo abonado  para unha rápida expansión.

A fins da década do '50 irrompen en escena os plaguicidas fosforados, con maior poder residual, maior potencia de acción e efectos agudos máis graves nos seres humanos que os plaguicidas clorados .

Hoxe utilízanse ao ano 400 millóns de toneladas de produtos químicos no mundo (dúas veces máis que en 1985). Circulan ou circularon 100.000 sustancias químicas diferentes, moitas tóxicas, algunhas cancerígenas.

A OIT estableceu no seu último e tráxico balance que as vítimas humanas por causa de pesticidas, ascende a 40.000 mortos por ano.