PRECISAMOS: construír unha torre inclinada cuns pauciños de madeira e cartón.
PROCESO: Recortamos tres anacos cadrados de cartón e practicamos uns buracos nas esquinas para inserir os pauciños de madeira.
EXPLICACIÓN: Unha torre inclinada mantén o equilibrio sempre que a inclinación non sexa moi grande.
Pero, como podemos saber a inclinación máxima que pode soportar unha torre?
A torre inclinada permanece en equilibrio sen caer sempre que a vertical do seu centro de gravidade caia dentro da base da torre.
O centro de gravidade localízase no centro xeométrico da torre inclinada. Para “ver” a vertical ao centro de gravidade colgamos un fío cunha porca do centro de gravidade da torre inclinada. O fío indica a vertical ao centro de gravidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario