As tres primeiras xuntanzas deste curso 2013-14 para organizar o V Congreso Galego da Rede de Escolas Asociadas a Unesco, foron, a primeira no IES Seoane, de Monteporreiro, a segunda no CEIP Marcos da Portela de Monteporreiro, e a terceira no CEIP Isidora Riestra de Poio (popularmente chamado colexio da Seca).
- Celebrarase os días 25,26, e 27 de novembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra (ver nova na prensa)
- Cada centro levará entre 15 e 20 nen@s
- Terá un carácter totalmente experimental
- Para o obradoiro de ciencias cada centro levará dous experimentos, que farán maís ou menos un total de de 18 ou 20 .
- Outros obradoiros, palilleiras, yogote, pandereteiras, elaboración do manifesto do 60ª Aniversario das Escolas Asociadas Unesco....
- No segundo día do Congreso, pola mañá, farase unha ximcana lúdica traballando o patrimonio histórico das rúas e prazas de Pontevedra. Pola tarde continuarase cos obradoiros.
A vindeira xuntanza (cuarta deste curso) farase o venres 25 de outubro de 2013 no CEIP Campolongo.
Despois destos acordos algún demos unha volta polo bonito Parque da Memoria no paseo da Reiboa en Poio, onde están uns curiosos bancos de pedra con diferentes citas dalgúns dos Premios Nobel da Paz.
Traballo adiantado mais a 1ª foi no Luís seoane
ResponderEliminarMoi boa información. Gracias Nito. Pero ten razón Luísa: Este curso houbo unha primeira xuntanza no IES LUIS SEOANE e esta segunda NO CEIP ISIDORA RIESTRA.
ResponderEliminarHai que comenzar a experimentar.