mércores, 16 de outubro de 2013

Participación e aclaracións sobre o V Congreso Galego da Rede PEA-UNESCO


Despois de enviar a Carta ós Pais e Nais para participar no V Congreso Galego da Rede PEA UNESCO, xa podemos comentar que foi un éxito a participación e a colaboración das familias.

Temos un total de 66 alumn@s  que queren participar e 34  familias que poden acoller ós congresistas que veñen de fora de Pontevedra.

 É unha mágoa non poder ir tod@s. 


Sabemos xa que houbo algunhas dúbidas porque non se mandou toda a información precisa. Pedimos desculpas.

Aproveitamos aquí para aclarar algunhas delas.

1. Quen ten que levar e recoller ós nen@s no caso  de participar ou ter nenos de acollida

As familias

2. Onde hai que levalos e recollelos? 

Levalos ó cole e recollelos no   Pazo de Cultura

3. Ten preferencia ir ó Congreso que teña nenos de acollida?  

Non.  Non sería xusto que alguén quedara fóra por non ter sitio para acoller a outro nen@.

4. Que criterio se vai seguir para seleccionar ós participantes?

O único que se decidíu foi que, de entrada, iría un por clase e sería por sorteo no caso de haber máis dun. O  número de prazas está limitado en 22 por ter nós 22 unidades (aulas). Nos outros centros o número máximo de prazas é de 20.

5. Todas as familias que acollen terán definitivamente un nen@? 

Non. Aínda non sabemos o número total de participantes nin de  nenos que se van adxudicar a cada cole.

6. Teñen seguro estas actividades?

As mesmas que ten un centro educativo, pois son actividades programas que se atopan do PXA (Proxecto Xeral Anual  do Centro) , e contémplanse como actividades de horario lectivo.

7. Cando se sabe se un neno vai participar?

A partir do 25 de outubro, pois este día teremos unha xuntanza todas as escolas asociadas para ver cal é a situación de cada centro e logo decidir como facer, pois pode darse o caso de que centros máis pequenos non teñan tanta participación e poidamos usar nós algunha das súas prazas.

8. Poden asistir as familias ó Congreso?

Só ós actos de inaguración e clausura do mesmo.

9. Cando remata o día de recollida da carta para poder participar no congreso?

Nas clases avisouse que o prazo remataba este martes 15 de outubro. De todos xeitos deuse a marxe da semana enteira, ata o 18 de outubro para aqueles casos especiais de non poder entregala antes.

10. Cantos nenos van a participar no Congreso?

Do noso cole, CEP  Campolongo, de entrada, entre 20 e 22.

Entre todos os coles , fixemos unha primeira estima de 180 participantes.

11. Cando é o V Congreso Galego da Rede PEA UNESCO?

Os días 25, 26, e 27 de novembro. (ver etiqueta Circulares neste blogue)


NOTA. Calquera outra pregunta podedes facela, ou ben no cole ou ben no correo deste blogue (arriba á dereita) 



Ningún comentario:

Publicar un comentario