venres, 30 de maio de 2014

Teatro de monicreques -O Merlo Branco

O alumnado do CEP Campolongo traballando o tema da igualdade coa obra de teatro " O Merlo Branco" de Cándido Pazó", durante o curso 2013-14.

mércores, 28 de maio de 2014

domingo, 18 de maio de 2014

Letras Galegas 2014 no CEP Campolongo


O Día das Letras Galegas este ano 2014 foi adicado a Xosé Mª Díaz Castro. Na escola fíxose un recitado dalgúns do seu poemario "Nimbos", entre uns dos máis coñecidos "Penélope". Acompañouse o acto con música instrumental, primeiro con gaita, a cargo de Esteban P. de 5ºC, que tocou "O himno antigo do reino de Galiza", e logo con diferentes frautas, Alba F. e Andrea T. de 5ºA tocaron "Ao son do ar", e "A carolina". Rematamos o acto cantando todos a canción do "Carro" de Fuxan os ventos  e bailando a "Danza da Moto"


Circular nº 2


Circular enviada o 29 de abril a todos os congresistas admitidos. Nela atópanse os datos para o XXVI Congreso Estatal Escolas Asociadas Unesco, así como o nº de conta onde ingresar os cartos. O CIF da Asociación é: G36180602.
Aprovéitase este artigo para comunicar que é urxente facer os ingresos canto antes  para reservar tanto as habitacións como as comidas.

xoves, 15 de maio de 2014

Plantas Aromáticas -Mediciñais

https://picasaweb.google.com/105617823052254496987/PlantasAromaticas3B#
Na primeira imaxe poderás ver os nomes coas ligazóns con información na rede, na segunda verás as fichas das herbas.

Ver debuxos dos rapaces no PDF

Persoeiros Rúas de Pontevedra

5ºA
Alexandre M. S. - Iglesias Vilarelle
Sergio M. U. - Alcalde Hevia
Laura D.  Manuel Colmeiro
Lucía e Julia - Leiras Pulpeiro
Lucía e Julia - San Pedro Alcántara
Alejandro P - Rosalía de Castro
Daniel F. R. - Santa Clara
Natalia M. M. - Gagos de Mendoza
Álvaro B. D. - Pintor Urbano Lugrís
Raquel, Inés, Adriana - Xeneral Rubín, Manuel Colmeiro e Rosalía de Castro
Javier S. - Rúa das Estrigueiras
Mar e Sofía - Pintor Laxeiro e Manuel Quiroga
Marcelo - Rosalía de Castro
Carlos M. - Eduardo Blanco Amor
Alba e Andrea - Rosalía de Castro e Fernández Ladreda
Andrés - Andrés Muruais

5ºB
Pablo Hevia - Alcalde Hevia
Marta B. - Pintor Rafael Alonso Fernández
Daniel G. S.-  Arcebispo Lago
Manuel A. - Xeneral Antero Rubín
Pablo G. - Eduardo Pondal
Lucía C. N. - Manuel Cuña Novás
Sara B. V. - Iglesias Vilarelle
Mario A. G. - Gaiteiro de Soutelo
María G. M. - Rosalía de Castro
José C. C. - Rosalía de Castro
Diego F. C. - Manuel del Palacio
Marc e Quique - Uxío Novo Neira
Jaime - García Camba
Lara - Francisco Zagala
Pablo Dios - Fernández Ladreda

5ºC
Bruno G. L. - Xeneral Gutiérrez Mellado
Sabela  V. R. - Rosalía de Castro
Eva e Lucía -  Rosalía de Castro e Fernando II
Paula L. G. - Don Gonzalo
Carolina M. C. - Manuel del Palacio
Sofía - Poeta Uxío Novoneyra
Luís - Xeneral Gutiérrez Mellado
Javier -  Fernández Ladreda
Belén e Yaiza - Rosalía de Castro
Esteban - Rosalía de Castro
Iago - Augusto García Sánchez
Martín P. S. - Echegaray
Cayetano - Fernández Ladreda
Jorge - Alcalde Hevia
Alej. Martín - Xeneral Rubín
Amanda - Fernández Ladreda
Angel - Eduardo Pondal


Ver traballos do curso 2012-13

O Carro Galego

Partes do Carro I -  (Presentación)        -     Partes do carro II (xugo)

O Carro para Carolina e Belén     -   Debuxos do carro

As madeiras das nosas fragas (canción)   -   Vídeo para Ponte nas Ondas

Contos do Carro    -    Cantando O Carro en Portugal

Vídeo "O Carro e o home"   -   Vídeo "O Carro na TVG"

Vídeo "O léxico do carro en Ben Falado"

Encrucillado    -   Sopa de letras 

Canción de Fuxan os Ventos "O Carro"

Foto-montaxe 


Contos do Carro


Estas son as nosas páxinas que imos presentar para o "Trotacontos" ou "Conto Viaxeiro" que facemos con outras escolas de Pontevedra: Cabanas, Campañó, Lérez, Xeve, Crespo Rivas e o Marcos da Portela de Monteporreiro. O día 22 deste mes teremos xa o conto completo e virá a entregalo un animador de contos. Dicir que esta actividade está sendo posible grazas a colaboración do Concello de Pontevedra, que subvenciona a actividade para poder imprimir o conto e que todo o alumnado poida levalo a casa.
O primeiro debuxo é a portada do conto, onde xa ven os trebellos que traballaron as diferentes escolas: o arado, a lagareta, o carro , o muíño e a cabana (hórreo).

Ver os contos en PDF

Máis sobre o carro

Programas "Dalle a lingua"

Clica na imaxe para escoitar os 10 programas grabados de "Dalle a lingua" con Onda Cero Radio durante o curso 2013-14.

Ver a  plantilla  do programa (Guión) (En PDF)


Tamén os  temos grabado en vídeo:
Sesión nº 2      Sesión nº 7
Sesión nº 3      Sesión nº 8
Sesión nº4       Sesión nº 9
Sesión nº5       Sesión nº 10

Ver os programas doutros centros escolares de Pontevedra

martes, 13 de maio de 2014

Aves galegas en perigo de extinción


Outro gran traballo feito polo alumnado de 3ºC.

Desta traballaron as aves en perigo de extinción.

Clica na imaxe para saber cales son.

domingo, 11 de maio de 2014

A Horta Galega


Se queres aprender, clica na imaxe para ver este precioso traballo feito polo alumnado de 3ºC do CEP Campolongo durante o curso 2013-14 no ano da Agricultura Familiar. En total hai 25 fichas cos seus refráns, as súas receitas, os seus consellos... Unha por cada alumno da aula. Dende aquí dámolle os nosos parabéns a estes rapaces-zas e a súa mestra polo traballo ben feito.

sábado, 10 de maio de 2014

Danzas en Porto

Nunha xornadas de convivencia cunha escola portuguesa fixemos estas dúas danzas para entrar axiña en confianza unhas crianzas con outras.