domingo, 28 de febreiro de 2016

Fotos dos Grupos Participantes no VI Congreso Galego da Rede de Escolas Asociadas Unesco



Títeres co Colexio Eduardo Pondal - Cangas do Morrazo


Ver máis fotos do CIP Eduardo Pondal

418 afogados e un violín

Mártires a la búsqueda dunha patria

Falando de igualdade - IES Seoane


Clica na primeira imaxe se queres ver a presentación

Conclusións do Obradoiro "Presentacións"

O  IES Pazo da Mercé ,  coa temática de Sostenibilidade ,  falou do  proxecto sobre o "Os incendios e as súas consecuencias". Puxeron como obxectivo mellorar a concienza  da  conservación da natureza.

O IES Luís Seoane presentaron dous  traballos , un  sobre a "Igualdade de xénero" e outro sobre o "Patrimonio Mundial".  No primeiro, nas investigacións que fixeron atoparon aínda no século XXI, bastantes descompensacións en diferentes ámbitos do traballo.  No segundo insistiron na necesidade de conservar o patrimonio para que as seguintes xeracións poideran desfrutar del.

O Colexio  Eduardo Pondal trouxo cinco obras representadas con títeres con diferentes temáticas e cos guións elaborados polo propio alumnado. Valorouse en especial o diálogo e a representación dos rapaces participando en todo o proceso das obras.

O CEIP Isidora Riestra apostou pola Solidaridade, homenaxeando ás Patroas Mexicanas, mulleres estas que levan máis de 20 anos axudando ós emigrantes que intentan buscar unha nova vida en Norte América.

O CEP Campolongo presentou tres traballos do ámbito da Sostenibilidade, da conservación do medio, dos  animais, uns xa extintos e outros moitos que  hai en perigo de extinción, e por último das consecuencias do  desxeo do Ártico.

O CEIP San Bieito de Lérez, deleitounos cun fermoso proxecto da "Discrimación contra a raza xitana", pois o dicionario da RAE fala desta en tono ofensivo nunha das súas acepcións, aspecto este que non se pode consentir por ser totalmente inxusto, pois trapaceros  " Que con astucias, falsedades y mentiras procura engañar a alguien en un asunto" hainos en todas as razas.

venres, 26 de febreiro de 2016

"Coidando o monte" - IES PAZO DA MERCÉ


Traballo presentado no VI Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco polo IES Pazo da Mercé das Neves (Pontevedra).
Proxecto para concienciar a todos da importancia que ten conservar a natureza, neste caso os nosos montes.

Ver máis traballos do Congreso.

Eu non son trapacero - CEIP San Bieito de Lérez






O CEIP San Bieito de Lérez presentou no VI Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco  o traballo "Eu non son trapacero".  Trata da discriminación que se produce coa palabra "trapacero" ó incluíla no dicionario da RAE   definindo tamén con esta  palabra a un "gitano". Eles, os gitanos, din que un dicionario non debe dicir mentiras: eles non son "trapaceros"
Ver a presentación en Prezzi

O VI Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco na Prensa

l

Máis sobre o VI Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco

Brincaletras - O Ártico rompe

Traballando na escola coas consecuencias do  Cambio Climático 
Feito con preguntas do alumnado do Ciclo Superior do CEP Campolongo durante o curso 2015-16.
Se primeiro te queres informar antes de xogar podes ver as presentacións:  O Ártico rompe -  Máis traballos

Clica na imaxe para xogar

xoves, 25 de febreiro de 2016

Algúns animais Extinguidos do Século XX







Traballos  feitos polos irmáns Raposeiras (6ºA) ,   por Cristian P. S. , Mario Verdeal  (6ºD) , Aldara (6ºC)e   Cloe R. G (5ºD) (durante o curso 2015-16. Debaixo un vídeo resumo de todos os traballos.
 Ver  máis


mércores, 24 de febreiro de 2016

VI Congreso Galego da REGAU- "Identidade, Cultura e Diálogo"

Mañá comeza o VI Congreso Escolas Galegas Asociadas á Unesco  (REGAU) que se celebrará no Pazo de Cultura de Pontevedra.
Participan as seguintes escolas: Facultade de Educación da UVIGO, Conservatorio de Música de Pontevedra (CMUS) , IES Pedra da Auga, IES Pazo da Mercé, IES Seoane, CPI Eduardo Pondal, CEIP San Bieito de Lérez, CEIP Isidora Riestra, CEP Marcos da Portela e CEP Campolongo.

 O lema deste Congreso é; "Identidade, Cultura e Diálogo".

Ver o Programa    -    Obradoiros previstos   -   Reparto dos obradoiros 

Ver máis na Etiqueta Congresos Galegos

Reparto dos obradoiros do VI Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco


sábado, 20 de febreiro de 2016

Cambio Climático - Traballos - O Ártico rompe


Aquí  temos varios    traballos,  un de Diego R. G (6ºD) ,  outro de Sara S. F. (6ºC), outro de Sara G. de 6ºB,  e despois algunhas das preguntas elaboradas para facer un xogo sobre este tema ( Xogo  Brincaletras).

Para respostar as preguntas que seguen podes investigar primeiro se queres neste artigo relacionado.

Ver traballo de Sara S. F. 




  Preguntas de Carla Meijón

venres, 19 de febreiro de 2016

martes, 16 de febreiro de 2016

Listado de reservas do CEP Campolongo para o VI Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco


Alumnado do CEP Campolongo seleccionado para o VI Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco


Obradoiros previstos VI Congreso Galego das Escolas Ascociadas Galegas

1 - Mediación  (UVigo)
2. Relatividade  (IES Pedra da Auga)
3. Presentacións  (Campolongo)
4. Atlántico  (IES Seoane e Isidora Riestra)
5. As pontes. (Guías do Concello)

Programa do VI Congreso Galego das Escolas Ascociadas Unesco

Xoves 25 de febreiro de 2016

10:00 - 11:00.  Recepción, recollida de materiais e distribución dos grupos

11.00 - 11:30 . Descanso. Este día deberán traer os rapaces a súa merenda (O Pazo non ten oferta de cousas para picotear)

11:30 -12-12:30 .Inaguración. Cancións do CMUS ?

12:30 - 14:00 - Obradoiros simultáneos

14.00 - 16:00 . Xantar e tempo de convivencia (No Pazo de Cultura)

16.00 - 17.30. Obradoiros simultáneos

17:30 - 18.00 . Descanso

18.00 - 19:30 . Obradoiros simultáneos


Venres 26 de febreiro de 2016

09:30 - 1100 . Obradoiros simultáneos

11.00 - 11:30. Descanso (Traer a merenda)

11:30 - 13:00  Obradoiros simultáneos

13:00 - 14:00 . Elaboración do manifesto

14.00 - 16:00 . Xantar e convivencia

16:00 . Acto de Clausura:  Lectura das conclusións dos obradoiros - Aprobación do manifesto - Entrega de diplomas - Clausura a cargo das autoridades  - Canción conxunta "Bajo el mismo sol" dirixida polo alumnado do Isidora Riestra.

17:30 h. Regreso a casa.


NOTA: Ó alumnado hai que levalo e recolle no Pazo da Cultura  no  horariro previsto.

martes, 9 de febreiro de 2016

Circular Estatal Nº 4 Rede PEA UNESCO

Clica na imaxe par ver a circular:
-Data de adhesión e confirmación de continuidade na Rede PEA UNESCO.
-Premio Cidade de Pontevedra 2015
-DENEP 2016
-XXIX Encontro Estatal: IES Alfonfo VIII de Cuenca
-Convocatorias de Premios. Solicitude de candidaturas por parte da UNESCO para Premios  de Sostenibilidade 2016 e Premio Mandanjeet Singh de Fomento da Tolerancia  en non Violencia