Amosando publicacións coa etiqueta V Congreso Galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta V Congreso Galego. Amosar todas as publicacións

mércores, 27 de novembro de 2013

Submarinos


Experimento presentado no V Congreso Galego da Rede PEA Unesco polo IES Pedra da Auga de Ponteareas (Pontevedra)

  Ver máis experimentos

Invisibles


Experimento presentado no V Congreso Galego da Rede PEA Unesco polo IES Pedra da Auga de Pontevedra.

  Ver máis experimentos.

3º Día do V Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco


Clicando na imaxe entrarás e verás as fotos do V Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco.
Agora xa hai fotos dos tres días, 25, 26, e 27 de Novembro de 2013.

Sobre o terceiro día comentar que tivemos que esperar, algúns, un pouco a que se ensaiara a presentación das Conclusións do Congreso e a Lectura do Manifesto. Logo, cando chegaron as autoridades para clausurar o acto, interviron os grupos de Yogote xestualizando varias linguas: Francés, Alemán, Ruso, Árabe ....., de seguido as  as pandereteiras para rematar coas lecturas antes comentadas e a entrega dos diplomas para todos os congresitas.

martes, 26 de novembro de 2013

O grupo de Campolongo no V Congreso Galego da Rede PEA UNESCO


Aquí están os rapaces de Campolongo xunto cos alumnos de acollida doutros centros , IES Pazo da Mercé das Neves e IES Pedra da Auga de Ponteareas.

2º Día do V Congreso Galego da Rede PEA UNESCO


Hoxe comezamos coa "Xincana do Patrimonio do Centro Histórico de Pontevedra". Que frío facía!!! Fomos capeando o temporal, foi unha pena, de todos xeitos traballamos un montón para cubrir moitas das actividades que nos pediron. Colaboraron un montón os maiores doutros centros. Unha experiencia moi bonita a pesar do frío das primeiras horas, onde o vento ás veces quería recordarnos que xa temos o inverno enriba. Pola tarde xa foi máis doada que a de onde, os rapaces xa se movían con máis soltura polo Pazo de Cultura. Os experimentos "xa botaban fume" e os xogos non paraban. Mañá xa temos a clausura, xa remataou o traballo, leremos as conclusións e despedirémonos dos nosos compañeiros de traballo destas xornadas.

As fotos de hoxe están metidas coas de onte, pois hoxe foron bastantes menos as que se fixeron, para non repetir moito.
Ver o grupo de Campolongo

venres, 1 de novembro de 2013

Listado de alumn@s do CEP Campolongo que irán o V Congreso Galego da Rede PEA-UNESCO


Despois de facer o sorteo este pasado mércores 30 de outubro no Salón de Actos da Escola,  con todos os alumnos que presentaron a solicitude e algúns dos mestres da escola (Carmela, Maite, Alicia, Nito...) xa temos os 20 alumn@s que nos  representarán  no V Congreso Galego da Rede PEA UNESCO

O único criterio de selección acordado, xa antes do sorteo,  polo profesorado representante das Escolas Unesco do noso centro (Maite de 1º A, Esther de 1ºD, Cecilia de 3ºB, María de 3ºC, Carmela de 4ºD, Xavier de 5ºC e Nito de E. Física, de 3º, 5º e 6º) ,  foi escoller un alumno por aula. Algúns tiveron a sorte de ser os únicos que presentaron a solicitude  e por elo xa non entraron no sorteo,  estos foron os alumnos de 1º C, 5ºC, 6ºA.

Comentar que nun principio estaban asignadas 22 prazas como excepcionalide de ter 22 unidades no centro, pero como fallaron dúas (2ºD e 4ºC), quedamos nas 20 prazas como as demais escolas.

Dos 20 alumnos seleccionados no sorteo , 11 deles teñen tamén a posibilidade de ter nenos de acollida.

Proximamente enviaráselles unha circular  ós pais para comunicar oficialmente a selección do seu fillo/a .

Tamén se enviará ós pais que aceptaron a acollida dun neno unesco de fora de Pontevedra, outra circular para confirmar se continúa podendo acoller, sobre todos aqueles que o seu fillo/a non foi seleccionado para ir o congreso.

Ver listado de todos os que se presentaron ó sorteo.

venres, 25 de outubro de 2013

Nova xuntanza no CEP Campolongo - Preparando o V Congreso Galego da Rede PEA














V Congreso Galego da Rede PEA-UNESCO.   Xa sabemos que o éxito de participación do alumnado está garantido en todos os centros participantes. Todos os coles levan practicamente os seus 20 alumnos asignados. Nós nun principio tiñamos 22 alumnos por ter 22 unidades, pero como fallaron dúas , quedamos cos 20 , igual que os demais.
Xa podemos facer  o sorteo para saber quenes representarán a nosa escola no Congreso e xa sabemos cales son os experimentos que vai levar a nosa escola. 1. Anamorfismo e anamorfose, 2. Inflar un globo con mármore e vinagre, e  3. Absorve auga ó instante. 4. Flotabilidade das diferentes cocacolas.

Os outros centros levarán, algún con fase de experimentación, "Circuítos de imáns", "Electricidade Estática con Globos", "Coloreando láminas con colorantes naturais", "Volcáns", "Traballando coa alimentaria", "Traballando co sal e as moléculas", "Descomposición da cor negra", "Coquiños"...

Aínda que non están na foto (porque nos acordamos tarde de facela), por parte do grupo Unesco de Campolongo asistiron, María, Cecilia, Esther e Nito; xustificaron non poder asistir Xavier, Carmela e Maite.

Outras xuntanzas do V Congreso

mércores, 16 de outubro de 2013

Participación e aclaracións sobre o V Congreso Galego da Rede PEA-UNESCO


Despois de enviar a Carta ós Pais e Nais para participar no V Congreso Galego da Rede PEA UNESCO, xa podemos comentar que foi un éxito a participación e a colaboración das familias.

Temos un total de 66 alumn@s  que queren participar e 34  familias que poden acoller ós congresistas que veñen de fora de Pontevedra.

 É unha mágoa non poder ir tod@s. 


Sabemos xa que houbo algunhas dúbidas porque non se mandou toda a información precisa. Pedimos desculpas.

Aproveitamos aquí para aclarar algunhas delas.

1. Quen ten que levar e recoller ós nen@s no caso  de participar ou ter nenos de acollida

As familias

2. Onde hai que levalos e recollelos? 

Levalos ó cole e recollelos no   Pazo de Cultura

3. Ten preferencia ir ó Congreso que teña nenos de acollida?  

Non.  Non sería xusto que alguén quedara fóra por non ter sitio para acoller a outro nen@.

4. Que criterio se vai seguir para seleccionar ós participantes?

O único que se decidíu foi que, de entrada, iría un por clase e sería por sorteo no caso de haber máis dun. O  número de prazas está limitado en 22 por ter nós 22 unidades (aulas). Nos outros centros o número máximo de prazas é de 20.

5. Todas as familias que acollen terán definitivamente un nen@? 

Non. Aínda non sabemos o número total de participantes nin de  nenos que se van adxudicar a cada cole.

6. Teñen seguro estas actividades?

As mesmas que ten un centro educativo, pois son actividades programas que se atopan do PXA (Proxecto Xeral Anual  do Centro) , e contémplanse como actividades de horario lectivo.

7. Cando se sabe se un neno vai participar?

A partir do 25 de outubro, pois este día teremos unha xuntanza todas as escolas asociadas para ver cal é a situación de cada centro e logo decidir como facer, pois pode darse o caso de que centros máis pequenos non teñan tanta participación e poidamos usar nós algunha das súas prazas.

8. Poden asistir as familias ó Congreso?

Só ós actos de inaguración e clausura do mesmo.

9. Cando remata o día de recollida da carta para poder participar no congreso?

Nas clases avisouse que o prazo remataba este martes 15 de outubro. De todos xeitos deuse a marxe da semana enteira, ata o 18 de outubro para aqueles casos especiais de non poder entregala antes.

10. Cantos nenos van a participar no Congreso?

Do noso cole, CEP  Campolongo, de entrada, entre 20 e 22.

Entre todos os coles , fixemos unha primeira estima de 180 participantes.

11. Cando é o V Congreso Galego da Rede PEA UNESCO?

Os días 25, 26, e 27 de novembro. (ver etiqueta Circulares neste blogue)


NOTA. Calquera outra pregunta podedes facela, ou ben no cole ou ben no correo deste blogue (arriba á dereita) 



venres, 4 de outubro de 2013

Primeiras xuntanzas para organizar o V Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco



As tres primeiras xuntanzas deste curso 2013-14 para organizar o V Congreso Galego da Rede de Escolas Asociadas a Unesco foron, a primeira no IES Seoane, de Monteporreiro, a segunda no  CEIP Marcos da Portela de Monteporreiro, e a terceira  no CEIP Isidora Riestra de Poio (popularmente chamado colexio da Seca).

Acordos destacados:

- Celebrarase os días 25,26, e 27 de novembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra (ver nova na prensa)

- Cada centro levará entre 15 e 20 nen@s

- Para o obradoiro de ciencias cada centro levará dous experimentos, que farán maís ou menos  un total de de 18 ou 20 .
- Outros obradoiros, palilleiras, yogote, pandereteiras, elaboración do manifesto do 60ª Aniversario das Escolas Asociadas Unesco....

- No segundo día do Congreso, pola mañá,  farase unha ximcana lúdica traballando o patrimonio histórico das rúas e prazas  de Pontevedra.  Pola tarde continuarase cos obradoiros.

A vindeira xuntanza (cuarta deste curso) farase o venres 25 de outubro de 2013 no CEIP Campolongo.

Despois destos acordos algún demos unha volta polo bonito Parque da Memoria no paseo da Reiboa en Poio, onde están  uns curiosos bancos de pedra con diferentes  citas dalgúns dos  Premios Nobel da Paz.

martes, 17 de setembro de 2013

Pontevedra acollerá en novembro deste ano o V Encontro Galego da Rede PEA UNESCO

Pontevedra acollerá o "V Encontro Galego das Escolas Asociadas Unesco"  do 25 ó 27 de novembro de 2013 (Ver tamén Que é unha Escola Asociada Unesco ?)

O congreso  traerá a Pontevedra  "entre 150 e 200 alumnos" e docentes de toda Galicia, das diferentes etapas educativas  que van desde a Educación Infantil a segundo de Bacharelato. Cada centro aportará entre 15-20 alumn@s.

En Pontevedra, os centros asociados ás Escolas Unesco son sete: Cabanas de Salcedo, San Benito de Lérez, Manuel Vidal Portela, Manuel Vidal Portela, Campolongo, Luis Seoane de Monte Porreiro e o conservatorio Manuel Quiroga, así como o Isidora Riestra de Poio, como o máis preto a nosa cidade.

Entre varias das actividades que se farán nos tres días, música, teatro, obradoiros ... haberá tamén unha ximnana pola distintas rúas e prazas para coñecer o patrimonio histórico da cidade.

 O lema, escollido polos propios alumnos, será "60 anos de educación en liberdade".

Ver nova na prensa.

Ver video do IV Congreso das Escolas Asociadas

Artigo relacionado: Que é a UNESCO ?