Amosando publicacións coa etiqueta 2015 Ano I. da Luz b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2015 Ano I. da Luz b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 2 de xullo de 2015
xoves, 11 de xuño de 2015
Contos con Luz
Un ano máis participamos xunto con outras escolas no chamado Conto viaxeiro ou Trotacontos. Máis ben nas últimas edicións está sendo un conxunto de contos relacionados cunha temática. Este ano foi o da Luz, por ser o 2015 "Ano Internacional da Luz"
Os nosos contos foron "As 3 fabas" e "O segredo dos vagalumes"
Se clicas na portada "Contos con luz" poderás ver todo o conto.
Ver as fotos do Trotacontos en Campolongo
Ver as fotos do Trotacontos en Campolongo
sábado, 30 de maio de 2015
xoves, 14 de maio de 2015
venres, 10 de abril de 2015
As máquinas (inventos)
Traballos de máquinas feitos coa colaboración das familias. Moitas delas relacionadas coa luz e cos inventores que fixeron posible ter moitas das comodidades que temos neste século XXI
Clica na segunda imaxe para ver todas.
xoves, 9 de abril de 2015
Circuíto eléctrico con vinagre
O vinagre ten multitude de usos; ademais de aliño, serve como conservante de alimentos, como repelente de mosquitos, de artigo de limpeza, debido ao seu carácter ácido, reacciona co carbonato cálcico polo que tamén é usado para a limpeza de cal en pequenos electrodomésticos como cafeteiras. Grazas a este carácter ácido e a súa facilidade para adquirilo puidemos facer un experimento entre a relación da reacción química e corrente eléctrica:
O obxecto da electroquímica é estudar a relación entre as reaccións químicas e as correntes eléctricas ás que estas reaccións poden dar lugar en determinadas circunstancias, así como a conversión de enerxía química en enerxía eléctrica e viceversa.
As pilas caseiras funcionan a partir dunha reacción química que produce unha corrente eléctrica.
O vinagre, normalmente, é ácido acético máis auga. Este provén do alcohol dun viño grazas á fermentación dunhas bacterias que lle gustan o osixeno para vivir ( os biólogos chámanas bacterias aeróbicas). Canto máis calidade teña o viño, mellor será o vinagre. Hai moitos tipos de vinagres; de tipo industrial, de alcohol, de Xerez.....
No vídeo podemos ver como o alumnado de 6º elaboraron varios circuítos, en especial o feito con vinagre.
Artigos relacionados co 2015 Ano Internacional da Luz
luns, 2 de marzo de 2015
mércores, 25 de febreiro de 2015
sábado, 21 de febreiro de 2015
Joseph Nicéphore Niépce
Este ano 2015, a UNESCO, está a celebrar o Ano Internacional da Luz. A escola CEP Campolongo, entre outras cousas, está investigando a vida dos inventores de traballos relacionados coa luz, neste caso temos a Joseph Nicéphore Niépce , que xunto con Louis Daguerre fixeron o primeiro proceso fotográfico que se coñece.
Inventos relacionados coa electricidade
Máis sobre o ano da luz
Inventos relacionados coa electricidade
Máis sobre o ano da luz
sábado, 14 de febreiro de 2015
Casa da Luz - Pontevedra - Edificio con Historia

A Casa dá Luz, na que os seus arcos presiden a Praza da Verdura, foi dende 1595 matadoiro e carnizaría municipal, central eléctrica, mercado cuberto de froitas e legumes, xulgado municipal, local para bailes públicos, caixa de aforros e monte de piedade, sede do sindicato de produtores de sementes, local do servizo municipal de augas, sede da Policía Local e agora está como empresa pública "Turismo Pontevedra.
Como central eléctrica, foi a 1ª de Galicia e a segunda de España, despois da de Girona. Máis sobre o Ano Internacional da Luz
Como central eléctrica, foi a 1ª de Galicia e a segunda de España, despois da de Girona. Máis sobre o Ano Internacional da Luz
xoves, 5 de febreiro de 2015
Descubrimentos e Innovacións relacionadas coa electricidade no século XIX
1-1800 Volta (Italiano) Pila
2- 1849 Bourding (Francés) Turbina Gas
3- 1885 Benz (Alemán) Auto, Engra. Dif.
4- 1802 Symington (Escocés) Bote Vapor
5- 1849 Francis (US) Turbina Hidráulica
6- 1885 Daimier (Alemán) Motocicleta
7- 1824 Aspdin (Inglés) Cemento Portland
8- 1858 Siemens (Alemán) Horno p/ acería
9- 1885 Stanley (US) Transformador Elct.
10- 1828 Henrry (US) Electromagneto
11- 1864 Marcus (US) Automóvil Exp.
12- 1887 Tesla (US) Motor de Inducción
13- 1835 Talbot (Inglés) Fotografía
14- 1866 Nobel (Suizo) Dinamita
15- 1888 Eastman (US) Cámara Kodak
16- 1837 Davenport (US) Motor CD
17- 1868 Gramme (Belga) Dinámo de CD
18- 1889 Daimier (Alemán) Motor Gasolina
19- 1837 Morse (US) Telégrafo
20- 1876 Otto (Alemán) Motor 4 ciclos
21- 1892 Tesla (US) Motor CA
22- 1845 Hoe (US) Rotatíva
23- 1876 Bell (US) Teléfono
24- 1892 Morrinson (US) Auto. Eléctrico
25- 1846 Howe (US) Máquina de coser
26- 1879 Edison (US) Lámpara Incandescente
27- 1893 Tesla (US) Radio
28- 1847 Staite (Inglés) Lámpara de Arco
29- 1882 Wheeler (US) Ventilador Eléctrico
30- 1895 Diesel (Alemán) Motor Diesel
sábado, 31 de xaneiro de 2015
A luz pode viaxar por debaixo da velocidade da luz

Nun novo traballo publicado no Science Express investigadores da Universidade de Glasgow describiron como conseguiron retardar aos fotóns no espazo baleiro por primeira vez. Demostraron que aplicando unha máscara a un "haz de luz" para dar aos fotóns unha estrutura espacial determinada, poden reducir a súa velocidade.
Este descubrimento mostra sen ambigüidade que a propagación da luz pode ser reducida por debaixo da cifra comunmente aceptada de 299.792 quilómetros por segundo mesmo cando viaxa a través do aire ou no baleiro".
xoves, 15 de xaneiro de 2015
xoves, 25 de setembro de 2014
2015 Ano Internacional da Luz

mércores, 24 de setembro de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)