Para facer o noso experimento necesitamos tres paus de madeira e tres vasos de plástico.
Pódese lograr un equilibrio moi estable entrelazando os tres paus da maneira que aparece no vídeo. Os paus sostéñense reciprocamente de maneira que só están apoiados na mesa por un extremo. O trípode resultante é estable e pode soportar obxectos pesados.
Se agora apoiamos o trípode sobre tres vasos de plástico podemos comprobar que a estrutura pode soportar obxectos pesados (por exemplo unha pila de libros).
Ningún comentario:
Publicar un comentario