Para facer o experimento necesitamos un vaso, un prato, lá de aceiro e auga.
En primeiro lugar metemos un anaco de la de aceiro no vaso. Logo enchemos con auga o prato e colocamos o vaso coa la de aceiro boca abaixo sobre o prato con auga.
Se esperamos unhas horas vemos que a la de aceiro cambia de cor e o nivel de auga no interior do vaso sobe uns centímetros.
Explicación
A lá de aceiro en contacto coa auga e co osíxeno do aire oxídase. Esta reacción química consome o osíxeno do aire atrapado no interior do vaso, por tanto, diminúe a presión interna. A presión externa superior fai que entre auga no vaso.
Se medimos cunha regra podemos ver que ao subir o nivel da auga o volume de aire atrapado no interior do vaso diminuíu, aproximadamente, nun 20 %. Esta é a porcentaxe de osíxeno no aire.
Ningún comentario:
Publicar un comentario