domingo, 3 de novembro de 2019

Buscando almidón na comida

Para facer o  experimento necesitamos  tintura de iodo, un cunco pequeno, auga, un contagotas, unha culler e algúns alimentos: pan, pataca, fariña, arroz e carne.
En primeiro lugar temos que preparar unha disolución diluída de iodo mesturando un pouco de auga cunhas 10 pingas de  tintura de iodo. Logo colocamos nun cunco unha cantidade pequena dos alimentos que queremos estudar con algo de auga. Finalmente engadimos unhas pingas da nosa disolución de iodo e removemos coa culler.  Nalgúns casos prodúcese un cambio de cor e a mestura tínguese de cor azul escura ou violeta.
Explicación
O amidón é un  carbohidrato presente en moitos alimentos procedentes das plantas.
O cambio de cor que se produce nalgúns casos é característico da reacción química entre o amidón dos alimentos e o iodo da disolución. A disolución resultante adquire unha cor entre azul escuro e violeta cando o alimento contén amidón. É fácil detectar a presenza de amidón nos seguintes alimentos: pan, pataca, fariña e arroz. Pola contra, a carne non contén amidón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario