domingo, 3 de novembro de 2019

Un óso de goma

Para facer o noso experimento necesitamos un óso pequeno, un bote de cristal con tapadeira e vinagre. Metemos o óso no bote e cubrímolo con vinagre. Pasados algúns minutos vemos unhas burbullas na superficie do óso.
Temos que esperar unha semana (depende do tamaño do óso) para completar o experimento. E recoméndase cambiar o vinagre con frecuencia (cada dous días)
Transcorrido o tempo necesario sacamos o óso do bote e vemos que ten unha consistencia  gomosa.
Explicación
O carbonato  cálcico do óso reacciona co ácido  acético do vinagre formando  acetato de calcio que se disolve na auga. O óso sen o calcio perde a rixidez característica e adquire unha consistencia  gomosa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario