Para facer o experimento necesitamos tres vasos, tres porcas oxidadas, vinagre, zume de limón e coca cola.
No primeiro vaso colocamos un pouco de coca cola. No segundo vaso colocamos a mesma cantidade de vinagre e, por último, colocamos zume de limón no terceiro vaso. É importante que os tres vasos conteñan a mesma cantidade. Logo deixamos caer unha porca en cada vaso e esperamos unhas cinco horas. Transcorrido ese tempo sacamos as porcas dos vasos.
Resultados
A coca cola quitou unha cantidade moi pequena de óxido No mesmo tempo, o zume de limón quitou unha cantidade moito maior de óxido. O vinagre logrou quitar case todo o óxido da superficie da porca.
Explicación
Pódese eliminar o óxido das porcas cunha disolución aceda. O vinagre contén acedo acético e o zume de limón contén acedo cítrico. A coca cola é unha bebida aceda (contén acedo fosfórico) pero os resultados achegados polo noso experimento permítennos afirmar que é mellor utilizar vinagre ou zume de limón para quitar o óxido das porcas.
Dependendo da cantidade e da concentración do ácido tardaremos máis ou menos tempo en eliminar o óxido da superficie do metal. Cun ácido concentrado podemos danar a peza metálica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario