xoves, 21 de novembro de 2019

Inercia e rozamento con moeda e naipe

Para realizar o noso experimento necesitamos unha moeda, un naipe, unha botella e papel de lixa.
Colócase sobre a botella un naipe da baralla e sobre o naipe unha moeda. Se se dá un golpe seco o naipe sairá disparado e a moeda quedará no mesmo sitio. Pero se se substitúe o naipe por unha tarxeta de papel de lixa a moeda sairá disparada.
Explicación 
Cun golpe seco o naipe sae con tanta velocidade que o movemento non se transmite á moeda. A moeda, pola inercia, queda en repouso sobre a botella.
Por outra banda, cun naipe a fricción é moi pequena e as forzas de rozamento entre o naipe e a moeda non logran arrastrar a moeda
Pero se se repite o experimento substituíndo o naipe por unha tarxeta de papel de lixa o rozamento é moito maior e o normal será que a moeda salga disparada.
Requírese algo de práctica para que o experimento salga ben

1 comentario: