venres, 1 de novembro de 2019

Refracción e lápis quebrado.

Ver en outro vídeo con máis explicacións

Para realizar o noso experimento necesitamos un vaso, auga, aceite Johnson, alcol e un  pauciño.

En primeiro lugar enchemos medio vaso con auga e logo metemos o  pauciño. Ao desprazar o  pauciño parece romper.

Logo repetimos o experimento deixando sobre a auga unha capa de aceite Johnson e outra capa de alcol. Os resultado son parecidos.

O aceite Johnson impide que a auga e o alcol se mesturen. O alcol déixase caer con coidado polas paredes do vaso para impedir que entre en contacto coa auga.

Explicación
A auga é máis densa e permanece no fondo do vaso. O aceite é menos denso e flota sobre a auga sen mesturarse (son líquidos  inmiscibles). O alcol é o menos denso dos tres líquidos e permanece sobre o aceite sen mesturarse,

A luz desvíase ao cambiar de medio ( refracción da luz) e por ese motivo o  pauciño parece crebado. A  refracción prodúcese se a luz incide  oblicuamente sobre a superficie de separación dos dous medios e orixínase polo cambio de velocidade de propagación da luz ao pasar dun medio a outro (por exemplo da auga ao aire).

Ningún comentario:

Publicar un comentario