sábado, 9 de novembro de 2019

O segredo dos caramelos Mentos


Para facer o experimento necesitamos Coca- Cola lixeira (light) , azucre, sal, area e caramelos  Mentos. 
En primeiro lugar enchemos medio vaso con Coca – Cola lixeira  e logo deixamos caer uns caramelos  Mentos. Vemos que inmediatamente o gas escapa do refresco.
Se repetimos o experimento utilizando azucre, sal ou area obtemos o mesmo resultado.
Explicación:
A coca cola lixeira  contén un gas disolto: o dióxido de carbono. Para que o gas escape do refresco é necesario que se formen unhas burbullas do tamaño adecuado e para formar as devanditas burbullas é necesario separar as moléculas de auga que están fortemente unidas. Os caramelos  Mentos, o azucre, o sal e a area logran separar as moléculas de auga e permiten a formación das burbullas de gas que escapan do refresco. Crese que a superficie dos caramelos  Mentos (chea de poros) favorece a formación das burbullas. Outro factor está na goma  arábiga que forma parte dos caramelos e que reduce a tensión superficial do refresco favorecendo a saída das burbullas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario