xoves, 14 de novembro de 2019

A danza do lume

Para facer este experimento necesitamos un  colador metálico, un anaco de tea e un par de chisqueiros.
1 Se acendemos un chisqueiro e colocamos encima un  colador metálico vemos que a chama non pode atravesar o  coador.
2 Se deixamos saír o gas do chisqueiro e colocamos encima o  colador podemos acender o gas que atravesa o  colador con outro chisqueiro. Neste caso a chama parece atravesar o metal.
3 Podemos repetir o experimento deixando saír o gas desde debaixo dun anaco de tea que estea ben estirado. Neste caso a chama parece danzar sobre a tea.

Explicación
A alta condutividade térmica do metal impide á chama atravesar o  colador.
O gas si  atravesa o  coador metálico (ou a tea) e logo podemos acender o gas con outro chisqueiro.  No caso  da tea é moi importante mover o chisqueiro (e a chama) para evitar que prenda a tea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario