O efecto Coanda foi descuberto en 1910 polo enxeñeiro aeronáutico romanés Henri Coanda (1886 – 1972). Coanda descubriu que un fluído tende a seguir o contorno da superficie sobre a que incide (sempre que a curvatura da superficie sobre a que incide o fluído e o ángulo de incidencia do fluído non sexan moi grandes). Para demostrar o efecto Coanda podemos deixar caer un chorro de auga sobre a superficie curva dunha culler. O líquido pégase á superficie e sae en dirección oposta.
Outra posibilidade é deixar caer o chorro de auga sobre unha boliña lixeira (por exemplo de cortiza) atada cun fío. O líquido pégase á superficie e sae en dirección oposta. Polo principio de acción e reacción, a bolita sairá na outra dirección, cara ao chorro de auga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario